Boris Rodolfo Izaguirre Lobo, nado o 29 de setembro de 1965 en Caracas, é un guionista, periodista, escritor e presentador venezolano de televisión que traballa en España e está nacionalizado coma español.

Infotaula de personaBoris Izaguirre

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista , guionista , presentador de televisión , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0412698 Facebook: BorisIzaguirre Twitter: Borisizaguirre Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É o segundo de tres irmáns, fillo de Rodolfo Izaguirre, exdirector da Cinemateca Nacional de Venezuela. A súa carreira nos medios comeza con 16 anos no Diario Nacional de Caracas, onde escribe Animal de Frivolidades, unha columna de crónica social.

Como guionista coescribe xunto a José Ignacio Cabrujas o guión das telenovelas Rubí e La dama de Rosa. Tralo éxito desas producións en Televisión Española trasládase a Santiago de Compostela. Unha vez alí colabora nos guións de programas de televisión coma Inocente, Inocente ou El Súper.

Apareceu diante das cámaras en programas coma Moros y Cristianos e Más madera de Telecinco pero a súa verdadeira popularidade en España chegaría coa súa incorporación a Crónicas marcianas. O director e presentador Javier Sardá chamouno para colaborar no programa e Boris converteuse en todo un fenómeno dos medios. Pasou a formar parella presentadora con Javier en 1999 ata a desaparición do programa en 2005.

Durante algún tempo presentou o seu propio programa en Telecinco, aínda que fracasou pouco despois. Tamén é articulista en varias publicacións: o suplemento dominical El País Semanal, a revista de cine Fotogramas, Zero dirixida ao público homosexual, ou a femenina Marie Claire, onde escribe unha sección fixa chamada De vuelta al armario. Tamén fixo incursións na radio, sobre todo coma colaborador no espazo radiofónico La Ventana presentado por Gemma Nierga.

En 2009 traballa na cadea española de televisión Cuatro xunto a Ana García-Siñeriz, presentando un programa de tarde chamado Channel nº4. O 7 de febreiro de 2006 casou co seu mozo, Rubén Nogueira. En 2007 foi finalista do Premio Planeta coa súa novela Villa Diamante (presentada baixo o pseudónimo de "Gio y las palmeras").[1]

Libros editar

  • El vuelo de los avestruces (1991)
  • Azul petróleo (1998)
  • Morir de glamour (2000)
  • Verdades alteradas (2001)
  • 1965 (2002)
  • Fetiche (2003)
  • El armario secreto de Sampietro (2005)
  • Villa Diamante (2007)
  • Y de repente fue ayer (2009)
  • Dos monstruos juntos (2011)
  • Un jardín al norte (2014)

Notas editar

  1. Redacción/Axencias (15 de outubro de 2007). "Juan José Millás gana el Planeta con sus memorias de infancia". publico.es (en castelán). Consultado o 16 de outubro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar