Beatriz Serén

actriz galega

Beatriz Serén Díaz, nada o 13 de xuño de 1987 en Lugo, é unha actriz galega.[1]

Beatriz Serén
BeatrizSerenSaborMargaridas.jpg
Nome completoBeatriz Serén Díaz
Nacemento13 de xuño de 1987
LugarLugo
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz
http://www.beatriz-seren.com/
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou arte dramática e produción audiovisual, complementando a súa formación con mestres coma Fernando Piernas ou Macarena Pombo entre moitos outros. Tamén ten formación en danza, esgrima e hípica.

Iniciou a súa carreira profesional no 2008 participando en varias producións audiovisuais. Foi a protagonista de longametraxes como El camino de la vida (2009) ou Blockbuster (2013).

Participou en series da Televisión de Galicia como Matalobos e Pazo de familia, nesta última co personaxe de Claudia Pardo durante as oito temporadas da serie, papel polo que foi nomeada en 2017 e en 2019 á mellor actriz nos premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.

Presentadora de Luar xunto a Xosé Ramón Gayoso, tamén colaborou en diferentes programas da TVG como Land Rober Tunai Show ou Adiviña quen ven estar tarde. Presentou en solitario varios programas da mesma canle como Adiviña quen ven esta noite.

TraballosEditar

CinemaEditar

TelevisiónEditar

GalardónsEditar

  • "Mellor actriz de reparto" Premios Mestre Mateo 2017, pola serie Pazo de familia (nomeada)
  • "Mellor actriz de reparto" Premios Mestre Mateo 2019, pola serie Pazo de familia (nomeada)

NotasEditar

  1. Páxina da Asociación de actores e actrices de Galicia (ed.). "Currículo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de novembro de 2015. Consultado o 02 de decembro de 2014. 
  2. "Pazo de familia. Portfolio". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 02 de decembro de 2014. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar