Sabela (Operación Triunfo)
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol)[1] o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoprano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de outubro de 1993 (31 anos) Bravos, España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositora |
Instrumento | Voz, Clarinete e piano |
Selo discográfico | Universal Music Spain |
Participou en | |
2018 | Operación Triunfo 2018 |
Traxectoria
editarA familia de Sabela naceu da parroquia de Bravos (Ourol), pero medrou nas Pontes. Formouse musicalmente dende cativa comezando clases gaita e pandeireta con 6 anos e no conservatorio dende os 7 anos, no que estudou o grado profesional de clarinete. É graduada en Terapia Ocupacional pola universidade da Coruña e posteriormente cursou un mestrado en musicoterapia de 3 anos no Instituto de música, Arte e Proceso de Vitoria. Ademais, formouse en clases de canto impartidas por diferentes mestras como Rosa Cedrón[2] ou Paula Rey[3] (Serea Técnica Vocal), entre outras.
Os seus inicios artísticos foron co grupo pontés de música tradicional galega Muxarega do que comezou a formar parte con 16 anos. Tamén colaborou co acordeonista Andrés Penabad. Posteriormente formou o dúo Bahut, a canda o guitarrista Mateo Bruquetas co que realizaba actuacións en pequenos locais, vodas e preparaba o lanzamento dun disco antes da súa entrada en Operación Triunfo. Con Bahut lanzou varios temas en galego e castelán, Soa, Tacto de porcelana, Nacida para ser real e Terra vermella.[4]
Operación Triunfo 2018
editarEn 2018 foi seleccionada para participar na edición de 2018 do concurso de televisión Operación Triunfo. Tras ser nomeada para a expulsión, a súa traxectoria deu un xiro cando decidiu defender o seu nomeamento co tema "Benditas Feridas" de Rosa Cedrón. O tema inicialmente non se consideraba moi propicio, pero acabou por convertela nun referente de autenticidade para o xurado e o público.[5][6] Chegou á final e rematou en cuarto lugar.
Primeiro disco: Despedida
editarO 15 de novembro de 2019 lanzou o seu primeiro sinxelo, "Despedida", composto por ela e producido polo portugués Diogo Piçarra. Nesta canción "despídese das letras e dos sons que ata agora foron seus e que comezan a voar cara a todas as persoas que queren acollelos".[7] O videoclip foi dirixido e producido polo artista multidisciplinar galego David Catá.
O 29 de novembro dese ano viu a luz o seu primeiro disco, nacido entre Lisboa e Galicia, composto na Coruña e gravado no estudio HAUS en Lisboa. Contou coa colaboración de Luisa Sobral que compuxo un tema especificamente para ela, "Dame una señal". Tamén Xoel López colaborou na composición do sinxelo "El Paso". O lanzamento foi seguido de firmas de discos en varias cidades españolas e estaba prevista unha xira de concertos que non se puido levar a cabo.[8]
Segundo disco: Ceniza
editarEn marzo de 2023 Sabela lanzou un novo álbum Ceniza. Este disco traballo realizouse co propio selo da artista como produtora musical, xunto a Mateo Bruquetas[9] e Diogo Piçarra.[10]
Nel, Sabela explora a perda, a morte e a vida, a nostalxia e a esperanza. En palabras da artista galega: “Quería facer este disco porque mo debía a min mesma, a meu pai, á vida e á perda, protagonista desta última etapa. Se hai algunha mensaxe clara dentro do disco é que, a pesar das perdas, os desencontros co mundo e con nós mesmos, a vida sempre renace. E faino, non só de xeito natural, senón cando se toma a decisión de facelo. Non hai nada máis importante que poder decidir vivir”.
O son de “Ceniza” é máis maduro, vendo a Sabela recoller os froitos da exploración coa fusión da electrónica e o pop, chegando a rozar a fusión do jazz e o hip hop, xunto a Mateo Bruquetas, Diogo Piçarra ou Luis del Toro, entre outros.
Discografía
editarÁlbums
editarAno | Título | Selo discográfico |
---|---|---|
2019 | Sabela Ramil: Sus canciones
|
Universal Music Spain |
2019 | Despedida
|
Universal Music Spain |
2023 | Ceniza
Data publicación: 03/03/2023 |
Autoeditado |
Sinxelos
editarAno | Título | Selo discográfico | Videoclip |
---|---|---|---|
2019 | Despedida
|
Universal Music Spain | Produtora: ? Dirección: David Catá |
2019 | El Paso
|
Universal Music Spain | Produtora: MBC Serv. Audiovisuales Dirección: David Catá |
2022 | Ya no me quiero ir
|
Autoeditado | Produtora: Tivuron y Sabelamusic Dirección: Silvia Grav e Isapel Padilla |
2022 | Peligro de Extinción
|
Autoeditado | Produtora: Tivuron y Sabelamusic Dirección: Silvia Grav e Isabel Padilla |
2022 | Cidade Desexo
|
Autoeditado | - |
2023 | No sé lo que sientes |
Autoeditado | - |
2023 | Mucho Love
Data publicación: 14/02/2023 |
Autoeditado | Produtora: Sabelamusic
Dirección: Sabela Ramil Rivera |
2023 | La Piedra
Focus Track "Ceniza" Data publicación: 03/03/2023 |
Autoeditado | Produtora: Sabelamusic
Dirección: Deirdre Canle |
Xiras
editarConxuntas
editar- 2019: OT 2018 en concierto
- 2023: Ceniza Tour
Filmografía e galardóns
editarProgramas de televisión
Ano | Programa | Cadea | Función | Datos |
---|---|---|---|---|
2018-2019 | Operación Triunfo | TVE | Concursante | Cuarta Finalista |
2019 | La mejor canción jamás cantada | TVE | Cantante | |
2019 | Luar (17/05/2019) | TVG | Artista Invitada | |
2019 | Gala Fin de Ano | TVG | Presentadora | |
2019 | Land Rober Tunai Show (13/06/2019) | TVG | Invitada | |
2019 | «Toni Rovira y Tú» | 25tv | Invitada | |
2020 | Luar (28/09/2020) | TVG | Artista Invitada |
Programas de radio
Ano | Programa | Cadea | Función | Datos |
---|---|---|---|---|
2020 | Galicia por Diante | Radio Galega | Conductora | Sección Un verán con Sabela |
Galardóns
Ano | Galardón | Categoría | Resultado |
---|---|---|---|
2019 | aRitmar | Mellor Canción Galicia | Primeiro premio[11] |
Vida persoal
editarGraduouse en terapia ocupacional. Traballaba nunha organización non gobernamental de saúde mental e na inserción sociolaboral de persoas con discapacidades intelectuais.[12]
Notas
editar- ↑ "Cuarto puesto de Sabela en una reñida final de «OT» que se llevó Famous". La Voz de Galicia. Consultado o 17/1/2019.
Además, Viveiro y el resto de A Mariña lucense, donde nació -concretamente, en Bravos (Ourol)-, también vivieron de manera especial la gala.
- ↑ "Sabela entra en la final de OT 2018 por la puerta grande cantando en gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 13/12/2018. Consultado o 13/12/2018.
- ↑ "Paula Rey". Serea técnica vocal.
- ↑ "Bahut Music - YouTube". www.youtube.com.
- ↑ https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2018/09/30/sabela-juega-gallego-operacion-triunfo/1333079.html
- ↑ "'OT 2018': Famous emociona a los profesores en el primer pase de micros de la Gala Final". FormulaTV.
- ↑ "Sabela, una maravillosa despedida". Universal Music Spain. 15/11/2019.
- ↑ "Sabela canta en gallego en el primer single de su disco: así suena". La Voz de Galicia. 15/11/2019.
- ↑ "Instagram". www.instagram.com. Consultado o 2023-11-20.
- ↑ "Diogo Piçarra" (en inglés). 2023-11-19.
- ↑ "aRi[t]mar | Edición 2020". aritmar.gal. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2020. Consultado o 02 de xuño de 2020.
- ↑ "Sabela, concursante de OT". RTVE. Consultado o 13/12/2018.