Esther Estévez

xornalista galega

Esther Estévez Casado, nada en Verín o 18 de novembro de 1997,[1] é unha xornalista galega, máis coñecida como a presentadora do programa Dígocho eu da TVG, un programa de divulgación para mellorar o uso da lingua galega.

Infotaula de personaEsther Estévez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1997 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Verín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , presentadora de televisión Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTelevisión de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm13672857 Twitter: esther_estevez_ Instagram: esther.estevez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, facendo prácticas na Radio Galega e Nós Televisión. Desde setembro de 2019, traballa no departamento de Tempo Real, na Área de Información da TVG, e presenta o programa Dígocho eu dende xaneiro de 2020.[1] Trátase dun programa diario de curta duración que se difunde a través de G24.gal,[2] e redes sociais como YouTube, Instagram e TikTok.

O 18 de outubro de 2020, Estévez pasou a presentar tamén o programa Cachadas,[3] un espazo semanal de humor que recolle algúns dos momentos divertidos da programación da TVG. Ten participado noutros programas de TVG como o Luar ou o especial 25 de xullo de 2022.[4]

Dende o 17 de maio de 2021, Esther presenta Dígocho eu no Twitch da CRTVG con dous programas semanais: o primeiro, «O reto do #DígochoEu», onde realiza entrevistas e probas lingüísticas a personaxes relevantes galegofalantes; e o segundo, «Apuntamento lusófono», que se emite dende o 19 de maio, o cal presenta xunto co actor portugués Rodrigo Paganelli, no cal Esther trata de aprender portugués, e Rodrigo galego. Posteriormente, estes programas son resubidos á páxina web e a canle de YouTube da TVG.[5]

O 19 de marzo de 2022 recibiu o Premio Mestre Mateo á mellor comunicadora na 20ª edición dos premios[6] polo programa Dígocho eu, que tamén gañou o premio a mellor programa de televisión. Na 21ª edición dos Premios Mestre Mateo, volveu gañar outra vez o premio á mellor comunicadora.[7]

En 2023 comezou a presentar o Luar trala marcha de Xosé Ramón Gayoso.

Esther Estévez nunha entrevista en Nós TV.

Galardóns e nomeamentos editar

Premios Mestre Mateo editar

Ano Categoría Programa Resultado
2022 Mellor comunicadora Dígocho eu Gañadora
2023 Mellor comunicadora Dígocho eu Gañadora

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Esther Estévez LGx15". lgx15.gal. Consultado o 26 de xaneiro de 2021. 
  2. "Dígocho eu en G24Noticias". crtvg.es. Consultado o 26 de xaneiro de 2021. 
  3. "Cachadas en CRTVG". crtvg.es. Consultado o 26 de xaneiro de 2021. 
  4. REDACCIÓN (2022-07-25). "A TVG ofrece a súa ‘Gala do 25 de Xullo’ con Tanxugueiras e Heredeiros". La Opinión de A Coruña. Consultado o 2022-07-26. 
  5. O actor portugués Rodrigo Paganelli ficha polo #DígochoEu da CRTVG en Twitch
  6. crtvg.es, ed. (20 de marzo de 2022). "Esther Estévez recibe o Premio á Mellor Comunicadora 2022". Consultado o 21 de marzo de 2022. 
  7. Suárez, Ricardo (2023-03-12). "'O Corpo Aberto' consegue 12 premios na edición dos Mestre Mateo de 2023". Nós Diario. Consultado o 2023-03-12.