Alberto Comesaña
Alberto Comesaña, nado en Vigo o 1 de agosto de 1961, é un cantante e político galego.
Alberto Comesaña | |
---|---|
Nacemento | 1 de agosto de 1961 |
Vigo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | produción musical e cantante |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
TraxectoriaEditar
Na década de 1980, no contexto da movida viguesa, liderou o grupo Semen Up, un dos referentes de dito movemento. Xa 1991 creou xunto coa cantante asturiana Cristina del Valle o grupo de música Amistades Peligrosas. Máis tarde, en 1998 anunciaron a súa separación despois de 7 anos de éxitos, e cadaquén seguiu coa súa vida en solitario. En 2003 anunciaron a volta de Amistades Peligrosas e sacaron un disco La larga espera.
PolíticaEditar
Actualmente fai labores políticos como militante do PP e membro da executiva deste partido en Boadilla del Monte. Así mesmo, Alberto Comesaña ocupa o posto de secretario xeral da Asociación de Compositores y Autores de la Música, colectivo ligado á SGAE.