Semen Up

Semen Up foi un grupo galego de música pop, activo na década de 1980 e encadrado no movemento denominado movida viguesa.

Semen Up
OrixeVigo, Galicia Galicia
Período1985 - 1989
Xénero(s)pop
Selo(s) discográfico(s)Nuevos Medios, Twins
MembrosAlberto Comesaña
Pedro González
Javier Martínez
Gonzalo Gil
Luis García
Renato Cebada

TraxectoriaEditar

O grupo iniciou a súa traxectoria artística en 1985, lanzando o Mini-Lp de catro cancións Lo estás haciendo muy bien, que incluía un tema do mesmo título, o cal chegou a converterse no maior éxito do grupo; a canción describía unha felación, o que provocou non pouca polémica e marcou o auxe dunha fugaz tendencia musical da época que deu en chamarse porno-pop.

Un ano despois editan La agonía do Narciso, ao que seguiría Vuelve el hombre, LP que contiña o tema Tu novia está loca, incluía na banda sonora do filme homónimo. Tras dous novos álbums, o grupo acabou por se disolver contra finais da década, coincidindo coa saída do seu líder, Alberto Comesaña, que comezou daquela o dúo Amistades peligrosas, canda a cantante Cristina del Valle.

En 2005 Semen Up reuniuse para ofrecer unha serie de concertos por todo Estado Español, participando entre outros no Mediatic Festival de Alacant.

DiscografíaEditar

  • Lo estás haciendo muy bien (1985).
  • La agonía del Narciso (1986).
  • Vuelve el hombre (1987).
  • El gusto es mío (1988).
  • Madurez (1989).
  • Lo estás haciendo muy bien y otras canciones peligrosas (1996). Recompilatorio.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar