Roberto Leal
Roberto José Leal Guillén, nado en Alcalá de Guadaíra (Sevilla) o 28 de xuño de 1979, é un xornalista, reporteiro e presentador de televisión español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xuño de 1979 (45 anos) Alcalá de Guadaíra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Sevilla |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , presentador de televisión |
Período de actividade | 2001 - |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarLicenciado en xornalismo pola Universidade de Sevilla, deuse a coñecer en Informativos Telecinco (2001-2004) como redactor e coordinador das delegacións de Andalucía. Entre 2004 e 2005 traballou como reporteiro de actualidade en Siete lunas (Canal Sur). Entre marzo e xuño de 2005 exerceu como reporteiro en Cada día de Antena 3. De xuño do 2005 a marzo de 2010, foi reporteiro de España directo de TVE.
En abril de 2010, anunciou que ficha por Antena 3. De maio do 2010 a xuño de 2011 foi copresentador de 3D xunto a Gloria Serra. Entre xuño de 2011 e agosto de 2014 foi colaborador e presentador substituto de Espejo público substituíndo a Susanna Griso (durante os días festivos ou as vésperas de Nadal, presentou o programa xunto a Eloísa de Dios, Alicia Senovilla, Romina Belluscio e Sandra Daviú). En 2012 copresentou Te lo mereces con Paula Vázquez e de 2012 a 2014 presentou El estirón (en Nova).
En 2014, volve ser fichado por TVE. Desde o 15 de setembro dese ano ata o 2 de novembro de 2018 presentou España directo, primeiro con Sandra Daviú ata o 28 de maio de 2015 e despois en solitario.[1] En 2015 presentou Los Vengadores en Acción en Disney Channel e tamén presentou Telepasión con Berta Collado; participando desde 2014 nas edicións presentadas por Ramón García (2014); a do ano seguinte, sen presentador (2015) e Anne Igartiburu e Santiago Segura (2017). En 2016 participou na gala dos 60 anos de TVE presentada por Raffaella Carrà. Entre 2014 e 2016 presentou o Sorteo de Lotaría de Nadal para RTVE con Sandra Daviú (2014 e 2016); Ana Belén Roy (2015) e Blanca Benlloch (2014-2016). Tamén, desde 2015 a 2017 presentou a Cabalgata de Reis con Sandra Daviú (2015); Marta Solano e Jacob Petrus (2016) e Marta Solano (2017). No verán de 2017 estivo á fronte de Hotel romántico e desde o 22 de outubro dese ano, é o novo presentador de Operación Triunfo tras a volta do formato a televisión durante 2017, 2018 e 2020. En 2018 presentou Bailando con las estrellas con Rocío Muñoz Morales e en 2019 presentou La mejor canción jamás cantada e o concurso Vaya crack.[2] Ademais, tamén presentou o programa andaluz Escala Sur de Canal Sur.
En marzo de 2020, Atresmedia ofreceulle un contrato para presentar a nova tempada de Pasapalabra en Antena 3, así como tamén estará a cargo de El desafío de "7 y Acción", a produtora de Pablo Motos.[3] O 14 de abril de 2020 anúnciase a súa fichaxe e volta a Antena 3, cun contrato exclusivo de cadea para presentar os programas Pasapalabra e El desafío, pero antes finalizou as emisións de Operación Triunfo para concluír o seu paso por TVE.[4]
Televisión
editarProgramas de televisión | |||
---|---|---|---|
Período | Título | Función | Cadea |
2001 - 2004 | Informativos Telecinco | Redactor | Telecinco |
2004 - 2005 | Siete lunas | Reporteiro | Canal Sur |
2005 | Cada día | Reporteiro | Antena 3 |
2005 - 2010 | España directo | Reporteiro | La 1 |
2010 - 2011 | 3D | Copresentador | Antena 3 |
2011 | Hispania, un viaje en el tiempo | Presentador | |
Viaje a Downton Abbey | Presentador | ||
2011 - 2014 | Espejo público | Copresentador e colaborador | |
2012 | Te lo mereces | Copresentador | |
2012 - 2014 | El estirón | Presentador | Nova |
2014; | Tu cara me suena | Invitado como Palito Ortega | Antena 3 |
2014 - 2016 | Lotaría de Navidad | Presentador | La 1 |
2014 - 2018 | España directo | Presentador e guionista | |
Telepasión | Presentador | ||
2015 | Los Vengadores en Acción | Presentador | Disney Channel |
2015 - 2017 | Cabalgata de Reis | Presentador | La 1 |
2016 | 60 años de TVE | Colaborador | |
2017 | Hotel romántico | Presentador | |
2017 - 2018; 2020 | Operación Triunfo | Presentador | |
2018 | Bailando con las estrellas | Presentador | |
2018 - 2019 | Badaladas de fin de ano | Presentador | |
¡Feliz 2019! | Presentador | ||
2019 | La mejor canción jamás cantada | Presentador | |
Vaya crack | Presentador | ||
Escala Sur | Presentador | Canal Sur | |
2019 - 2020 | Badaladas de fin de ano | Presentador | La 1 |
¡Feliz 2020! | Presentador | ||
2020 - presente | Pasapalabra | Presentador | Antena 3 |
El desafío | Presentador | ||
2020 | Liarla Pardo | Invitado | La Sexta |
2020 | Zapeando | Invitado | La Sexta |
Radio
editarProgramas de radio | |||
---|---|---|---|
Período | Título | Notas | Cadea |
2012 - 2013 | La teniente Urgel | Colaborador | Happy FM Radio |
Premios
editar- 2012: Antena de Plata.
- 2017: Premio Zapping ao mellor presentador.
- 2018: Premio Andalucía del Turismo como embaixador de Andalucía.
- 2018: Antena de Oro ao mellor presentador.
- 2018: Premio Iris ao mellor presentador.
Vida persoal
editarO 19 de setembro de 2015, contraeu matrimonio coa súa parella, Sara Rubio, que coñeceu no programa Espejo público. O 11 de xullo de 2017 tivo a súa primeira filla chamada Lola, con Sara Rubio.[5]
Notas
editar- ↑ "Roberto Leal se despide de 'España Directo' entre lágrimas". Cadena Ser. 3 de novembro de 2018. Consultado o 28 de maio de 2020.
- ↑ "'Vaya crack': Roberto Leal inicia la búsqueda de la persona más inteligente de España en La 1". El Periódico de Catalunya. 14 de setembro de 2019.
- ↑ "Roberto Leal ficha por Antena 3 para presentar 'Pasapalabra' y 'El desafío'". vertele.eldiario.es. 23 de marzo de 2020. Consultado o 23 de marzo de 2020.
- ↑ "Roberto Leal abandona 'Operación Triunfo' para presentar 'Pasapalabra' en Antena 3". El Mundo. 14 de abril de 2020. Consultado o 28 de maio de 2020.
- ↑ "Roberto Leal celebra el primer cumpleaños de su hija.". ¡Hola!. 11 de xullo de 2018. Consultado o 1 de xaneiro de 2019.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial Arquivado 15 de agosto de 2020 en Wayback Machine.