Sorteo Extraordinario de Nadal

O Sorteo Extraordinario de Nadal (en castelán: Sorteo Extraordinario de Navidad), tamén coñecido como Sorteo ou Lotaría de Nadal, é un dos sorteos de lotaría máis populares que se celebra en España cada 22 de decembro, e que ten lugar, xeralmente, no salón de sorteos de Loterías y Apuestas del Estado, en Madrid. Forma parte dos sorteos de Lotaría Nacional.

O premio máximo recibe o nome de "O Gordo", que dende 2011 ten un valor de catro millóns de euros o billete, 400.000 euros por décimo. O período de venda deste sorteo é o máis longo do ano, xa que as administracións reciben os números nas primeiras semanas de xullo.

HistoriaEditar

 
Doña Manolita, unha das administracións de lotarías máis populares e con maior número de vendas de lotaría de Nadal en España. A imaxe é do ano 1929.

A primeira vez que se sorteou a lotaría en Nadal foi o 18 de decembro de 1812 en Cádiz, e o primeiro premio Gordo foi parar ao número 03604. Entón o prezo do billete era de 40 reais cun premio de 8000 pesetas. A primeira vez que se lle chamou Sorteo de Nadal foi o 23 de decembro de 1892, e substituíu á lenda de «Prósperos de Premios», aínda que non figurou imprimida nos boletos ata o Nadal de 1897. Hoxe en día o sorteo extraordinario, que se celebran todos os anos o día 22 de decembro, é o máis importante e popular de todos os sorteos de lotaría realizados en España.

PremiosEditar

Dende 2011, introdúcense 1807 bólas no bombo de premios, coas seguintes cantidades por cada billete -independentemente da súa serie- (hai que dividir entre dez para calcular o premio por cada décimo) e a súa probabilidade de acerto:

  • 1 primeiro premio de 4 000 000 de euros, coñecido como «O Gordo». - 0,001 % (400 000 euros ao décimo)
  • 1 segundo premio de 1 250 000 de euros. - 0,001 % (125 mil euros ao décimo)
  • 1 terceiro premio de 500 000 euros. - 0,001 % (50 mil euros ao décimo)
  • 2 cuartos premios de 200 000 euros. - 0,002 % (20 mil euros ao décimo)
  • 8 quintos premios de 60 000 euros. - 0,008 % (6 mil euros ao décimo)
  • 1 794 premios de 1000 euros, coñecidos como a «Pedrea». - 1,79 % (100 euros ao décimo)
Especiais
  • 2 premios de 20 000 euros aos números anterior e posterior ao primeiro premio. - 0,002 % (2 mil euros ao décimo)
  • 2 premios de 12 500 euros aos números anterior e posterior ao segundo premio. - 0,002 % (1250 euros ao décimo)
  • 2 premios de 9600 euros aos números anterior e posterior ao terceiro premio. - 0,002 % (960 euros ao décimo)
  • 297 premios de 1000 euros á centena (tres primeiras cifras) do primeiro, segundo e terceiro premios. - 0,3 % (100 euros ao décimo)
  • 198 premios de 1000 euros á centena (tres primeiras cifras) dos dous cuartos premios. - 0,2 % (100 euros ao décimo)
  • 2997 premios de 1000 euros a todos os billetes cuxas dúas últimas cifras coincidan cos do primeiro, segundo ou terceiro premios. - 3 % (100 euros ao décimo)
  • 9999 reintegros (coincidencia da última cifra do primeiro premio) de 200 euros. (premiando o portador o mesmo valor da súa participación) - 10 % (20 euros ao décimo)

O Gordo en GaliciaEditar

O premio Gordo caeu en Galicia dende o ano 1950 en dez ocasións.

Ano Número Vendido en
2017 71.198 Vilalba[1]
2014 13.437 A Coruña, Carballo e Lugo[2]
2013 62.246 O Rosal[3]
2008 32.365 Allariz[4]
2007 06.381 Carballo e Santiago de Compostela[5]
2003 42.473 A Coruña[6] e Rianxo[7]
1988 21.583 Lugo
1976 49.764 Lugo
1974 12.176 A Coruña,[6] Lugo e Vigo
1958 33.704 A Coruña[6]

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, ed. (22 de decembro de 2017). "O Gordo deixa máis de 522 millóns de euros en Vilalba". 
  2. La Región, ed. (22 de decembro de 2014). "O Gordo deixa 12 millóns en Carballo, Lugo e A Coruña". 
  3. ABC, ed. (22 de decembro de 2013). "O Rosal, das preferentes ao Gordo da Lotaría". 
  4. Europa Press, ed. (22 de decembro de 2008). "O sorteo reparte en Galicia 3 millóns en Allariz do Gordo e 50.000 euros en Vigo dun quinto premio". 
  5. Faro de Vigo, ed. (22 de decembro de 2007). "Cae o Gordo en Carballo e Santiago; Vigo lévase un quinto premio". 
  6. 6,0 6,1 6,2 Vázquez, Dolores (18 de decembro de 2011). "25 años de la suerte de la refinería". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). Consultado o 21 de maio de 2018. 
  7. La Voz de Galicia, ed. (22 de decembro de 2003). "O Gordo estalou en Rianxo". 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar