Pablo Motos Burgos, nado en Requena, Valencia, o 31 de agosto de 1965, é un presentador de televisión, locutor de radio e humorista.

Infotaula de personaPablo Motos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de agosto de 1965 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Requena, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura1,68 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión , humorista , locutor , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1890673 Facebook: PabloMotos Instagram: pablomotos Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Pablo Motos foi locutor e director de Radio Requena, traballado tamén en Radio Nacional de España, e en Onda Cero, onde presentou e dirixiu programas como Protagonistas, Mareando la Perdiz ou Hacia el dos mil, onde ademais formou parte do equipo como redactor e presentador da Radio de Julia Otero.

En televisión presentou na Televisión Valenciana (Canal Nou), o programa Megacine e foi coordinador de guións do Club de la Comedia, co-produtor executivo da Noche de Fuentes y Cía, Stand-up, e apareceu en pequenos papeis como actor.

Pablo Motos tamén compuxo cancións como Saber amigos, que gañou o primeiro premio do Festival de Benidorm de 1993.

Este polifacético comunicador igualmente foi columnista do diario El Mundo (Edición Comunidad valenciana), e colaborou no guión de 8 libros de humor, entre eles No somos nadie, vol. 1 e 2. Así mesmo, traballou en teatro, sendo director de guións e un dos autores de Cinco hombres.com, Cinco mujeres.com e La vida según San Francisco. Tamén contribuíu na versión en castelán dirixida por Verónica Forqué de La tentación vive arriba. Igualmente protagonizou xunto a Enrique San Francisco Entre fuerte y flojo.

Dirixe e presenta en radio e televisión dous programas con gran contido de humor; No somos nadie en M-80 Radio, ata 2007, e El Hormiguero, na cadea de televisión xeralista Cuatro.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar