Enrique San Francisco

actor español

Rogelio Enrique "Quique" San Francisco Cobo, nado en Madrid o 10 de marzo de 1955 e finado na mesma cidade o 1 de marzo de 2021,[1] foi un actor español.

Enrique San Francisco
Retrato de enrique.jpg
Nome completoRogelio Enrique San Francisco Cobo
Alcume/outrosEnrique San Francisco
Nacemento10 de marzo de 1955
LugarMadrid
Falecemento1 de marzo de 2021
LugarMadrid
Causapneumonía
SoterradoColmenar Viejo
NacionalidadeEspaña
PaiVicente Haro
Profesiónspanish legionary, actor e humorista
Na rede
IMDB: nm0760640 Allocine: 123564 Allmovie: p197698 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Enriqueta Cobo e do actor Vicente Haro, a súa infancia transcorreu en Barcelona, onde vivía coa súa nai e debutou no cine con tan só seis anos tras facer publicidade. No teatro debutou dous anos despois en El sueño de una noche de verano.[2]

Instalado en Madrid desde 1975 tralo seu paso pola Lexión española, onde serviu como francotirador, dedicouse desde entón profesionalmente á interpretación, estando a súa carreira moi determinada polos seus peculiares trazos físicos.[3]

Especialmente activa foi a súa carreira cinematográfica durante os anos oitenta e primeira metade dos noventa, que lle permitiu coincidir con algúns dos máis reputados directores españois da época. Con todo, os últimos anos estivo máis centrado na televisión, destacando o seu papel de Tinín na serie de TVE Cuéntame cómo pasó.

En teatro, protagonizou a obra Misterioso asesinato en Manhattan, en 2007 e El enfermo imaginario en 2009.

Longametraxes (selección)Editar

TelevisiónEditar

PremiosEditar

Ano Categoría Película Resultado
1992 Mellor interpretación masculina secundaria Orquesta Club Virginia Candidato
1989 Mellor interpretación masculina secundaria El baile del pato Candidato
  • Premios de la Unión de Actores
Ano Categoría Film Resultado
1992 Mellor desenvolvemento da escola de cine Orquesta Club Virginia Candidato

NotasEditar

  1. "Quique San Francisco fallece a los 65 años". HOLA (en castelán). 2021-03-01. Consultado o 2021-03-01. 
  2. "El sueño de una noche de verano en el Español". Diario ABC (en castelán). 17 de xaneiro de 1964. Consultado o 22 de novembro de 2011. 
  3. "CINeol entrevista a Enrique San Francisco". Consultado o 22 de xaneiro de 2004. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar