Navajeros

filme de 1980 dirixido por Eloy de la Iglesia

Navajeros é unha película dramática española de 1980 dirixida por Eloy de la Iglesia, e protagonizada por José Luis Manzano. Foi filmada en Madrid e estreada o 6 de outubro de 1980 en España.

Navajeros
Ficha técnica
Título orixinalNavajeros
DirectorEloy de la Iglesia
ProdutorPepón Coromina
Enrique Gómez Vadillo
Isela Vega
GuiónGonzalo Goicoechea
Eloy de la Iglesia
IntérpretesJosé Luis Manzano
Isela Vega
Verónica Castro
Jaime Garza
Enrique San Francisco
María Martín
José Sacristán
José Manuel Cervino
Ramón Reparaz
Alfred Lucchetti
José Luis Fernández "Pirri"
Pep Corominas
FotografíaAntonio Cuevas
Estrea6 de outubro de 1980 (ES)
Duración95 minutos
OrixeEspaña España
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0081218 Filmaffinity: 999543 Allmovie: v573526 Editar o valor em Wikidata

Resumo do argumento editar

A película, ambientada no ano 1980, está centrada na vida de El Jaro, un mozo delincuente habitual fillo dunha prostituta e que procede dun dos barrios marxinais das aforas de Madrid.

Trátase dun momento de difícil acceso ao emprego xa que España conta con máis dun millón e medio de parados. Para subsistir nesta difícil situación El Jaro e a súa banda non dubidan en cometer roubos e atracos por todo Madrid e así conseguir diñeiro dunha forma fácil e rápida. Dada a súa curta idade (El Jaro, por exemplo, só ten quince anos) cada vez que son capturados pola policía son encerrados no reformatorio do que non tardan en fugarse para seguir cometendo delitos.

Entre delitos, unha prostituta xa entrada en anos namorarase de El Jaro e acólleo na súa casa para "protexelo". Malia isto, El Jaro confésalle que el namorouse dunha moza máis nova que ela. Mentres El Jaro está en prisión a prostituta decátase de que deixou embarazada á súa noiva e cando este sae do cárcere acolle a ambos dous no seu apartamento, onde a convivencia entre os tres vólvese insoportable.

Os delitos e pelexas vanse solapando co mundo das drogas ata que nun dos seus atracos o Jaro morre vítima de dous disparos, un no tórax e outro na cabeza, xusto o mesmo día en que nace o seu fillo.

Personaxes editar

Ligazóns externas editar