José Luis Manzano

José Luis Manzano Agudo, nado en Vallecas, Madrid, o 30 de decembro de 1963 e finado o 20 de febreiro de 1992, foi un actor español.

José Luis Manzano
Nacemento20 de decembro de 1962 e 30 de decembro de 1963
LugarMadrid
Falecemento20 de febreiro de 1992
LugarMadrid
NacionalidadeEspaña
Profesiónactor e actor de cinema
Na rede
IMDB: nm0544432 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nedo en Madrid o 20 de decembro de 1962, José Manzano pasou a súa nenez entre unha parcela en Virgen de la Torre (Vicálvaro) e a UVA de Vallecas. Non recibiu educación primaria. Con doce anos comeza a traballar nunhas adegas do barrio de Vallecas, onde accidentalment se magoa a columna. Posteriormente é operado e obrigado a ficar prostrado durante meses no Hospital de San Rafael. O accidente causaríalle secuelas físicas para toda a vida.[1]

Sen traballo nin estudos, dedícase a buscar a vida como podía. En 1978 atópase por vez primeira co director de cinema Eloy de la Iglesia, quen en 1979 está rematando os preparativos dun filme sobre a delincuencia xuvenil en España dende a socioloxía marxista. A vida de José Sánchez Frutos, coñecido como "El Jaro", impacta tanto en De la Iglesia como para empregala no seu guión, escrito en colaboración con Gonzalo Goicoechea. De la Iglesia, que está na procura de actores non profesionais, escolle a Manzano para protagonizalo. Dun casting multitudinario sairían outros rapaces como José Luis Fernández Eguia "Pirri". José Luis Manzano non dobra a súa propia voz no filme, labor que fixo o actor Ángel Pardo. En futuros filmes si se escoitará a voz de Manzano (como en Colegas e El pico).[2][3]

O filme tivo un bo éxito de recadación e José Luis Manzano recibiu eloxios polo seu traballo por parte da prensa e polo sector. Moitos directores de sona quixeron traballar con el a partir dese intre, o cal Eloy de la Iglesia non permitiu logo da experiencia do filme Barcelona Sur, agás un personaxe protagonista que Manzano realizou na serie de Televisión Española Los pazos de Ulloa en (1985).

En 1982, protagoniza Colegas, un filme feito entre amigos. Eloy escolleu, ademais de Manzano e a Pirri, a Antonio e Rosario Flores, Enrique San Francisco e Pedro Nieva Parola.

En 1983, De la Iglesia volve ao País Vasco para a rodaxe de El pico, un filme sobre as adiccións e non só á heroína. O filme resultou ser unha oportunidade para José Luis, xa que non tiña que interpretarse si mesmo, senón crear un personaxe cunhas circunstancias moi diferentes das súas. El pico foi o meirande éxito comercial da carreira de Eloy de la Iglesia e un dos filmes españois de maior recadación nos anos 1980. Ao pouco tempo, Eloy e José Luis volven colaborar en El pico 2, que recibe todas as subvencións que contempla a nova Lei de Cinema de decembro de 1983.

Manzano estivo casado un curto tempo, en 1987, mais axiña volve a carón de Eloy de la Iglesia. Despois de La estanquera de Vallecas (1987) Eloy de la Iglesia caeu no ostracismo e na marxinalidade polo cal o mundo do cinema acaba por pechar as súas portas a Manzano, quen cae na drogadicción. Pedro Cid, un capelán Xetafe, confía nel e acompáñao na súa desintoxicación. No segundo semestre de 1989, José Luis progresou notablement e deshabituou o consumo da heroína. Nesta época prodúcese o reencontro con Eloy de la Iglesia.

En 1990, comeza estudos audiovisuais sen abandonar as esperanzas dunha chamada que implique a súa volta ao cinema. Porén, o cinema en España estaba en plena crise e Manzano é considerado pola profesión como o actor exclusivo de Eloy de la Iglesia e un drogadicto. Malia todo, consegue por intercesión de Ramon Colom Esmatges un oco de bolseiro na produtora Spinto TV. En xullo de 1991, é acusado de atracar un transeúnte na Gran Vía de Madrid. José Luis Manzano é detido e condenado a oito meses de cárcere aínda sen ter antecedentes penais.

José Luis é internado no cárcere de Carabanchel, onde convive con drogadictos e doentes de SIDA. No cárcere era moi respectado, mais non se adapta e segue consumindo drogas. Desesperado e con anguria acepta concedir unha entrevista a un xornalista para chamar a atención do mundo artístico. A entrevista realizouse finalmente no cárcere de Yeserías, onde Manzano cumpría condena en segundo grao, en réxime de semiliberdade. A primeira reportaxe publicouse na revista Interviú, en xaneiro de 1992. José Luis afirmou que do que máis se arrepentía era de consumir drogas, malgastando deste xeito as moitas oportunidades que lle dera a vida. Tamén declarou a súa inocencia no roubo con intimidación ao transeúnte do cal fora acusado, feito claramente probado no xuízo. Manzano pediu unha nova oportunidade, afirmando que Pedro Cid, o capelán de Xetafe, e a súa nai eran as únicas persoas que se mantiveran ao seu carón. Finalmente apelou ao afecto das persoas, o cal consideraba preciso para a súa recuperación como actor e como persoa.

O último día de xaneiro de 1992 accedeu ao terceiro grao, acadando a liberdade, e entra nun exclusivo sanatorio no cal realizou a cura de desintoxicación de catorce días con éxito. Seguidamente entra nun programa de reinserción da Asociación Punto Omega, en Móstoles. En poucos días, Manzano abandona o centro voluntariamente.

A tarde do 20 de febreiro de 1992, o seu corpo apareceu sen vida nun piso do número 5 da rúa Rafael del Riego, preto da glorieta de Atocha de Madrid, ocupado por Eloy de la Iglesia.[4] A autopsia revelou que a súa morte foi de natureza violenta, atopándose elementos de heroína e outros tóxicos no seu sangue, ouriños e órganos vitais. Foi soterrado o 22 de febreiro de 1992 no cemiterio Sur de Madrid. Dos gastos do seu enterro fíxose cargo os Servizos Sociais do Concello de Madrid. En 2002, os seus restos foron incinerados e lanzados á foxa común por mor do impagamento da renovación da sepultura.[5][6]

FilmografíaEditar

NotasEditar

  1. "José Luís Manzano Agudo". Consultado o 26 de xaneiro de 2014. 
  2. 10 cosas sobre el actor mítico del cine quinqui que (probablemente) no sabías, El País, 22 de xuño de 2017
  3. José Luis Manzano, el bello quinqui del cine español, Vanity Fair, 17 de febreiro de 2018
  4. El drama del joven actor de ‘La estanquera de Vallecas’ que murió de sobredosis, El Español, 11 de xuño de 2017
  5. Jesús Cerezo. "Recordando a José Luis Manzano". Consultado o 26 de xaneiro de 2014. 
  6. Nova da morte en El País

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • FUEMBUENA, Eduardo. Lejos de aquí. Uno Editorial, Albacete, 2017.

Ligazóns externasEditar