Abrir o menú principal

El pico

filme de 1983 dirixido por Eloy de la Iglesia

El pico é unha película dramática española dirixida por Eloy de la Iglesia que se desenvolve no Bilbao de comezos dos 80 e que trata fundamentalmente sobre a adicción á heroína e, en menor medida, sobre o conflito vasco.

El pico
Ficha técnica
Título orixinalEl pico
DirectorEloy de la Iglesia
ProdutorJosé Antonio Pérez Giner
GuiónGonzalo Goicoechea
Eloy de la Iglesia
IntérpretesJosé Luis Manzano
Javier García
José Manuel Cervino
Luis Iriondo
Enrique San Francisco
Andrea Albani
Queta Ariel
Marta Molins
Pedro Nieva Parola
Alfred Lucchetti
Ovidi Montllor
MúsicaLuis Iriondo
FotografíaHans Burman
Estrea1983 (ES)
Duración105 minutos
OrixeEspaña España
XéneroDrama

Con este filme, Eloy de la Iglesia soubo reflectir con sinxelo realismo a inmersión de dous mozos na heroína, unha droga que durante eses anos causou estragos na sociedade española, de tal forma que os índices de delincuencia asociados a ela situáronse nos máis altos do mundo.

SinopseEditar

Dous amigos, Paco e Urko, que viven en Bilbao engánchanse xuntos á heroína. Para conseguir a súa dose diaria non dubidan en roubar, mentir e ata matar ao camelo que lles pasa a droga.

Ademais, dáse a circunstancia de que Paco é o fillo do Comandante Torrecuadrada, pertencente á Garda Civil e Urko é fillo dun político da esquerda independentista vasca.

PersonaxesEditar

CríticasEditar

As críticas non se fixeron esperar, malia que esta foi unha das poucas películas da época que se ocupou dese terrible asunto que tantas vidas curtou, primeiro coas sobredoses e despois co sida e a posterior hepatite C.

Ligazóns externasEditar