Julia Otero
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2022.) |
Julia Otero Pérez, nada na Penela (Monforte de Lemos) o 6 de maio de 1959, é unha xornalista e presentadora de radio e televisión galega.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Júlia Otero Pérez 6 de maio de 1959 (65 anos) A Penela, España |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, produtora de televisión, presentadora de televisión, directora de cinema |
Empregador | Onda Cero |
Familia | |
Cónxuxe | Ramón Pellicer Colillas (1987-1993) |
Premios | |
| |
Páxina web | juliaotero.net |
Traxectoria
editarReside en Barcelona desde os tres anos, no barrio do Poble-sec. Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Barcelona.
Introduciuse casualmente aos 17 anos no mundo do xornalismo, no programa Protagonista, el cine, na emisora Ràdio Sabadell, grazas a un amigo. En pouco tempo converteuse en presentadora e directora de devandito programa. En 1980 ficha pola emisora Ràdio Joventut de Barcelona e un ano despois chega a Ràdio Miramar de Barcelona, onde desempeña cargos de responsabilidade. En 1983 contrátaa a Cadea COPE para dirixir e presentar un programa nocturno: Crónica del alba. Uns anos despois comeza a súa carreira televisiva, que compaxina coa radiofónica durante un tempo. Iníciase no medio televisivo en 1987 co programa de debates Una historia particular na 2 de Televisión Española, o mesmo ano en que casa co xornalista Ramon Pellicer (matrimonio que durará seis anos). Un ano despois en 1988, comeza a presentar o programa 3x4, co que alcanza gran popularidade. Otero presenta nos anos seguintes, e sempre en Televisión Española, os programas La Lluna (TVE Catalunya), La Luna (1989), Telepasión española (1990) e La Ronda (1991). A partir de 1991 a xornalista volve á radio, co programa La Radio de Julia en Onda Cero que comeza sendo nocturno para pasar, tras o seu éxito, á franxa de tarde. Otero presentou e dirixiu este programa ata 1999. Durante este período fai incursións na televisión, en 1992 presenta Jocs de Nit en TV3, en 1993 dirixe o concurso Los cinco sentidos en Antena 3, Un paseo por el tiempo (1995) de novo en TVE e en Telecinco La semana que viene (1998), un magazín nocturno. Durante 1997 é columnista do xornal La Vanguardia.
En 1999 a ONCE vende as emisoras de Onda Cero ao Grupo Telefónica. Os novos propietarios deciden retirar da grella o programa de Julia Otero, a pesar de que era líder de audiencia, substituíndoa pola xornalista Marta Robles. Esta decisión estivo marcada pola polémica, acusouse ao medio de basearse en razóns políticas para o cesamento. A dirección da cadea afirmou que o programa era demasiado "elitista" e "intelectualmente elevado". La radio de Julia contaba entre a súa lista de colaboradores con nomes como Manuel Delgado, Almudena Grandes, Enrique Gil Calvo, Joaquín Leguina, Juan Adriansens, Jorge Verstrynge, Isabel de Medina Sidonia, Luís Racionero, Fernando Sánchez Dragó, Juan José Armas Marcelo, Óscar Nebreda, Pablo Motos, Eduardo de Vicente, Juanjo de la Iglesia, Daniel Monzó, Académica Palanca, Jordi Estadella, Adolfo Fernández Oubiña, Miguel Anxo Coll, Juan Herrera, Curry Valenzuela, Carlos Boyero, Lucía Etxebarria, Josep Borrell, Anna Balletbò, Xosé Manuel Beiras, Fernando Fernández de Trocóniz e Ana Palacio (meses despois nomeada Ministra de Asuntos Exteriores).
Un ano despois, regresa a TV3 para presentar o magazine de sobremesa La columna, que dura catro tempadas e convértese tamén en líder de audiencia. Entre 2004 e 2005 presentou o programa Las cerezas na primeira de TVE.
Desde o 9 de xaneiro de 2005 ata xullo de 2007 foi presentadora do último tramo do veterano programa Protagonistas, dirixido por Luis del Olmo, en Punto Radio e estivo presentando á vez No em ratllis! en TV3.
O 1 de xuño de 2007, Punto Radio emitiu un comunicado no que anunciaba o fin das relacións contractuais con Otero, "de común acordo".
Desde setembro de 2007 Julia Otero volveu a Onda Cero onde presenta e dirixe o programa Julia en la onda, en substitución de Gomaespuma. Regresa así á casa na que naceu La Radio de Julia e da que foi despedida en 1999. A súa boa relación persoal con José Manuel Lara Bosch, presidente do Grupo Planeta e accionista maioritario de Onda Cero, permite o seu regreso a esta cadea. María Teresa Campos substitúea no segundo tramo de Protagonistas de Punto Radio.
Na súa nova etapa en Onda Cero, o seu programa chámase Julia en la onda e ocupa a franxa de 16.00 a 19.00 horas. O espazo comeza cun repaso á actualidade xunto ao xornalista Carlos Alsina e despois, as noticias con humor contada por Óscar Andreu e Óscar Dalmau. Ferrán Monegal fai un repaso á televisión e Oriol Parreño e Pepa Gea buscan noticias curiosas con letra pequena. O programa conta tamén coa colaboración de Albert Espiñenta, Pío Cabanillas, Risto Mejide e José Luís Galego.
Julia Otero recupera para a súa última hora unha das seccións máis coñecidas da súa anterior etapa en Onda Cero. Volve 'El gabinete'. No faladoiro só repite Juan Adriansens. O resto son novas incorporacións como Ángeles Durán, Juan Manuel de Prada, Antón Reixa, Montserrat Nebrera, Begoña Aranguren, Xavier Sala i Martín, Espido Freire, Pilar Rahola, Antonio Zoido Naranjo, Jorge Wagensberg, e Alfredo Urdaci.
Ao principio da tempada, Onda Cero anunciou seccións do programa que non chegaron a concretarse. Por exemplo, a charla de ex que cada quince días ían protagonizar Juan José Lucas e Juan Carlos Rodríguez Ibarra. Tampouco se chegou a incorporar David Trueba e Lorenzo Caprile apenas durou unhas semanas, e en xaneiro do 2008 foi substituído por Manuel Marlasca e unha sección dedicada aos sucesos e a crónica negra (os martes). Álvaro Pombo e Carmen Posadas tan só estiveron un día. Antes do Nadal, incorporáronse como gabineteros dous históricos do programa, Fernando Sánchez Dragó e Ana Balletbó, aínda que esta última abandonaría o programa antes de terminar a tempada.
Na segunda tempada de Julia na Onda, saíron do gabinete Alfredo Urdaci, Xavier Sala i Martí e M. Anxos Durán e ingresaron Isabel Tocino e Jesús M. de Miguel. Recuperou ademais a sección O epílogo.
Premios
editar- Premio Ondas Comunicadora Revelación de Radio (1989)
- Premio Ondas (1994)
- Premio Ondas (1989) Nacionais de Televisión.
- Antena de Ouro (1989) por La Luna.
- Premio Ciutat de Badalona de Comunicació (2001)
- Premio Micrófono de Ouro, outorgado pola Federación de Asociacións de Profesionais de Radio e TV de España (FARTE)(2002)
- Nomeada ao Premio da Academia de TV (ATV) á Mellor Comunicadora de Programas de Entretemento en 2002, 2003, 2004 e 2005 por La Columna e Las cerezas.
- Premio Ondas ao Mellor programa de entretemento (2003)
- Premio da Associació de Dones Empresàries i Emprenedores de Tarragona (ADEE) (2004)
- Tp de Ouro á Mellor Presentadora en 1988 por 3x4 e en 1989 por La Luna.
- Premio José Couso de Liberdade de Prensa (2018)[1]
Notas
- ↑ Lombao, David. Praza Pública, ed. "Julia Otero gaña o XIV Premio José Couso á liberdade de prensa". Consultado o 16 de abril de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Julia Otero |