Marta Solano

Marta Solano Heredia, nada en Madrid o 6 de xullo de 1979, é unha xornalista e presentadora de televisión española.

Marta Solano
Nome completoMarta Solano Heredia
Nacemento6 de xullo de 1979
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónxornalista e presentadora de televisión
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, Marta debutou na televisión nos programas de deportes de Localia TV, pero actualmente traballa en TVE, onde desde 2005 comezou como redactora do Telediario na sección de Nacional, aínda que pronto pasou a Deportes. Desde entón e ata 2013 presentou Deportes en todas as edicións do Telediario. Durante dúas tempadas (2011-2013) foi a copresentadora de Estudio Estadio e Desafío Champions.

Desde o 15 de xullo de 2013 ata o 15 de xullo de 2014 presentou o programa de actualidade España Directo.

O 29 de xuño de 2014 anúnciase que Marta pasa a presentar a sección de deportes, xunto a Arseni Cañada, no espazo informativo Telediario da fin de semana en substitución de María Escario.[1] Con todo, rexeitou a oferta por motivos persoais.

Desde xuño do 2015 ata febreiro de 2018 presentou o programa de servizo público Seguridad vital en La 1 de TVE.[2]

Desde o 13 de xaneiro de 2018 substitúe a Lara Siscar no Telediario Matinal de Fin de semana no Canal 24 h, copresentando xunto a Mercedes Martel.

NotasEditar

  1. "María Escario deja los telediarios de fin de semana". La Razón. Audiovisual Española S.A. 28 de xullo de 2014. 
  2. "TVE estrena "Seguridad vital", un programa para concienciar de malas prácticas al volante". El Heraldo de Aragón. Zaragoza. 14 de xuño de 2015. Consultado o 13 de xuño de 2015.