Pepe Viyuela

actor, pallaso, poeta e humorista rioxano

José Viyuela Castillo, nado en Logroño o 2 de xuño de 1963, máis coñecido como Pepe Viyuela, é un actor, pallaso, poeta e humorista rioxano licenciado en Filosofía.

Pepe Viyuela
Pepe Viyuela.jpg
Nome completoJosé Viyuela Castillo
Nacemento2 de xuño de 1963
LugarLogroño
NacionalidadeEspaña
Educado enUniversidade Autónoma de Madrid
Profesiónactor, Pallaso, poeta, artista de circo e actor de televisión
Na rede
IMDB: nm0900402 Allocine: 131119 Allmovie: p357659
Twitter: PepeViyuelactor Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Amais de Filosofía, Viyuela estudou Arte dramática[1], iniciándose no mundo da interpretación con parodias con obxectos e sen palabras. A súa primeira aparición televisiva foi en Un, dos, tres...responda otra vez como humorista, coa súa famosa frase «Pero, ¿esto qué es?», e co seu número máis coñecido, no que se vía atrapado por unha cadeira pregable.

Como actor traballou con Julio Medem en Tierra (1995). Posteriormente interpretou a Filemón nas dúas películas baseadas en Mortadelo e Filemón: La gran aventura de Mortadelo y Filemón (Javier Fesser, 2003) e Mortadelo y Filemón. Misión: Salvar la Tierra (Miguel Bardem, 2008). En teatro participou no Festival de Teatro Clásico de Mérida, con Androcles y el león (1999), de George Bernard Shaw, Rómulo el grande (2005), de Friedrich Dürrenmatt e Miles Gloriosus (2008), de Plauto. En 2009 protagonizou, xunto a Teté Delgado, El pisito. En televisión participou na serie Aída no papel de Chema o tendeiro. Fixo papel de dobraxe ao castelán en Open Season.

En 2003 publicou a novela Bestiario del circo, con prólogo de Andrés Aberasturi. Gañou a segunda edición do Premio Internacional de Poesía Margarita Hierro co seu primeiro poemario, Y amarte sin saber. A obra consta de 51 poemas e está dedicada a Margarita Hierro e a Manolo Romero, cunha ilustración na portada de José Hierro. En 2008 publicou o seu segundo poemario, Las letras de tu nombre[2].

É vicepresidente da ONG Payasos Sin Fronteras e socio honorífico da ONG Amigos de la Tierra.

FilmografíaEditar

TelevisiónEditar

NotasEditar