Pablo Carbonell
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Pablo Carbonell, nado en Cádiz o 28 de xullo de 1962, é un artista andaluz.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Pablo Carbonell Sánchez-Gijón 28 de xullo de 1962 (62 anos) Cádiz, España |
Actividade | |
Ocupación | presentador de televisión, actor, cantautor, director de cinema |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Mafalda Carbonell |
Traxectoria
editarCriouse na cidade de Huelva. A principios dos anos 80 formou un dúo xunto con Pedro Reyes en Madrid. Ambos os dous participaron no programa La Bola de Cristal.
No ano 1985 formou o grupo de música Los Toreros Muertos (con Many Moure e Guillermo Piccolini) ata o ano 1992, con cancións tan coñecidas como "Mi agüita amarilla".
Despois desta época comeza a colaborar con El Gran Wyoming en programas de televisión como La noche se mueve, El peor programa de la semana, ou o popular Caiga quien caiga, no que facía de reporteiro saíndo á rúa e poñendo ós políticos sempre en difíciles encrucilladas cas súas inoportunas preguntas.
Tamén compaxinou estas tarefas con outras como actor en distintas películas do cine español. Foi sido director dunha película: Atún y chocolate.
Coescribiu xunto con Eva Salmerón a novela Sinsáhara. Participou como reporteiro no programa de clasificacións da cadea Cuatro U.V.E.. Participou como reporteiro de investigación humorístico no programa Buenafuente, de Antena 3.
Forma parte da discográfica 18 Chulos Records xunto con Javier Krahe, Javier Ruibal, O Gran Wyoming, Pepin Tri, Faemino e Santiago Segura. Interpreta tres dos 18 Boleros chulos que editaron en 2003.
É curmán da tamén actriz Aitana Sánchez-Gijón.
Discografía
editarToreros Muertos
editar- 30 Años De Éxitos (1986)
- Por Biafra (1987)
- Mundo Caracol (1989)
- Cantan En Español (1992)
- Los Toreros Muertos (2007)
En solitario
editar- Aceitunas y Estrellas (2000)
- Rock and roll alimaña (2004)
Con outros artistas
editar- 18 Boleros chulos (2003): El huerfanito, Yo te diré e Permítame
- Y todo es vanidad: Homenaxe a Javier Krahe (2004): Si lo llego a saber
- "El Kalimotxo de Mamá" (2007) de Kukuxumusu
Filmografía
editar- Campamento Flipy (2010)
- Hospital Central (2008-2012) (Televisión)
- Ángeles S.A. (2007)
- Atasco en la nacional (2006)
- Un difunto, seis mujeres y un taller (2006)
- Tocata y fuga (2006)
- Atún y chocolate (2004)
- Franky Banderas (2004)
- Lo mejor que le puede pasar a un cruasán (2003)
- El furgón (2003)
- Torrente 2: Misión en Marbella (2001)
- Obra maestra (2000)
- Mátame mucho (1998)
- Dos por dos (1997)
- Un momento, un momento... (1994)
- Hora final (1992)
- Las aventuras de Ford Fairlane (1990) (Dobraxe)
- Loco veneno (1989)
- Los invitados (1987)
Teatro
editarComo actor
editar- La curva de la felicidad (como Quino)