Javier Krahe de Salas, coñecido como Javier Krahe, nado en Madrid o 30 de marzo de 1944 e finado en Zahara de los Atunes o 12 de xullo de 2015,[1] foi un cantautor e poeta español. O seu estilo caracterizábase polas letras satíricas e un uso habitual da rima consoante. Gravou 15 discos e foi cofundador do selo discográfico independente 18 Chulos. Durante unha etapa actuou canda o tamén cantautor Joaquín Sabina.

Javier Krahe
Javier Krahe no transcurso dunha actuación en Madrid.
Nome completoJavier Krahe de Salas
AliasJavier Krahe
Data nacemento30 de marzo de 1944
Nado enMadrid, España España
Falecemento12 de xullo de 2015 (71 anos)
 Zahara de los Atunes
Causainfarto agudo de miocardio
Ocupacióncantante, compositor e escritor
XéneroPop
Instrumento(s)voz
Cuchufleta
Relacionado conG. Brassens
Alberto Pérez
Javier Ruibal
Jorge Krahe
Joaquín Sabina
Pablo Carbonell
Riki López
Chicho Sánchez Ferlosio
Tempo en activo1980 - 2015
Na rede
http://www.javierkrahe.com
IMDB: nm0469281 Musicbrainz: e00faf0a-8c21-4ea0-800c-09d9982d2941 Songkick: 135139 Discogs: 656294 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Nado en Madrid o 30 de marzo de 1944,[2] estudou no Colegio del Pilar. Iniciou estudos de Ciencias empresariais, pero deixounos para dedicarse ao cine como axudante de dirección.

Logo de facer o servizo militar, coñece ao amor da súa vida en París, a canadense Annick, coa que parte ao Canadá, onde empeza a súa carreira como letrista, inspirado polo exemplo de Georges Brassens e Leonard Cohen. O seu irmán Jorge ocúpase de musicar os textos. Compón algunhas cancións que interpreta, entre outros, Rosa León.

Xa en España, Chicho Sánchez Ferlosio anímalle a actuar en locais como "La Aurora", onde coñece a Joaquín Sabina e Alberto Pérez. Como trío gravan o disco La mandrágora (1981), que toma o seu nome dun dos locais onde adoitaban actuar neses días. Tamén actúa en TVE no programa Si yo fuera presidente.

Faleceu dun infarto de miocardio en Zahara de los Atunes, provincia de Cádiz,[2][3] o 12 de xullo de 2015.

Discografía editar

Notas editar

  1. [1]
  2. 2,0 2,1 "Muere el cantautor Javier Krahe a los 71 años". ABC. 12 de xullo de 2015. 
  3. Miguel Ángel Palomo (12 de xullo de 2015). "Muere Javier Krahe". El País. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.