Abrir o menú principal

David López Veleiro, máis coñecido polo seu nome artístico de David Amor, nado en Salceda de Caselas o 12 de abril de 1980, é un balonmanista, humorista e actor galego.

David Amor
David Amor 2.JPG
Nacemento12 de abril de 1980
LugarSalceda de Caselas
NacionalidadeEspaña
Profesiónactor, presentador de televisión, modelo e balonmanista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi xogador de balonmán profesional, proclamándose subcampión do mundo coa selección española sub-18. Retirouse na campaña 2008-2009 na Sociedad Deportiva Teucro. Tamén chegou a participar no campionato de España de quads.

Comezou a súa andaina como humorista no programa da TVG O Rei da comedia, proclamándose finalista. Participou en diversos programas de humor e series como Mareas vivas, 4º sen ascensor, Supermartes, Land Róber ou A grande escapada. Ao tempo, fai actuacións con monólogos de seu por toda Galicia.

En 2017 presenta o programa da Televisión de Galicia Con Amor e Compañía e participa como concursante no programa Tu cara me suena de Antena 3.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar