Ella Baila Sola

dúo musical español

Ella baila sola é un dúo musical formado por Marta Botía Alonso (Madrid, 15 de setembro de 1974) e Marilia Andrés Casares (Cuenca, 17 de decembro de 1974).

Ella Baila Sola
OrixeMadrid, España
Período1996-2001
Xénero(s)pop
Selo(s) discográfico(s)EMI-Odeon
MembrosMaría Botía
Marta Casares
Na rede
Musicbrainz: 1c06b04b-3a86-402f-ba74-67c1643f9fd2 Songkick: 15157 Discogs: 1051531 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Marta Botía e Marilia Casares coñecéronse no colexio San Agustín de Madrid grazas a unha amiga común mentres cursaban COU. Tras cantar xuntas informalmente, decidiron probar sorte no mundo da música.

Para isto comezaron uníndose a un grupo de rock chamado Berlín Supersónica Televisión onde facían coros. Posteriormente crearon o seu propio grupo, The Just, interpretando cancións en inglés no Parque del Retiro de Madrid, onde coñeceron ó cantautor Javier Álvarez, quen as puxo en contacto co produtor e representante Gonzalo Benavides. Grazas a el comezaron a gravar maquetas e dar concertos en pequenas salas e locais de Madrid.

En 1996 saíu á venda o primeiro disco do dúo, do mesmo nome e que inlcuía o seu primeiro éxtio, o sinxelo titulado Lo echamos a suertes que acadou o número un en varias listas de éxitos. Posteriormente lanzaron os sinxelos Cuando los sapos bailen flamenco, Amores de barra, No lo vuelvas a hacer e Por ti. Deste álbum venderon máis dun millón de copias en España e arredor de 700.000 copias en Latinoamérica.

En 1997 ofreceron máis de 100 concertos por España e Latinoamérica.

No verán de 1998 gravaron o seu segundo traballo, E.B.S., que se puxo á venda o 14 de setembro con quince novas cancións. Venderon máis de 700.000 copias en España e 500.000 máis en Latinoamérica. Neste caso, o primeiro single foi "Quisiera".

En setembro de 2000 gravaron o que sería o terceiro e último disco de Ella baila sola antes de que anunciasen a súa separación, titulado Marta & Marilia. Este traballo contiña doce temas que seguían o estilo do primeiro álbum. Púxose á venda o 20 de novembro, co tema Cómo repartimos los amigos como primeiro single, que acadou de inmediato o número un da lista de Los 40 Principales. Este álbum conseguiu un nomeamento ós premios Grammy Latinos 2001. As súas vendas ascenderon a 200.000 copias en España e outro tanto en Latinoamérica.

O 24 de setembro de 2001, EMI-Odeón puxo á venda un disco recompilatorio baixo o nome de Ella Baila Sola. Grandes Éxitos 1996-1998-2000, con vinte cancións extraídas dos seus tres traballos anteriores ademais da canción Ay de ti, ay de mí, cantada para o disco homenaxe a Luis Eduardo Aute. Deste álbum venderon 100.000 copias en España.

Neste disco nin Marta nin Marilia proporcionaron ningunha colaboración (mesmo se dixo que nin sequera posaran xuntas para a imaxe da portada do CD) e supuxo a última publicación co nome de Ella baila sola, que anunciaron en rolda de prensa a súa separación tras insistentes rumores que falaban dunha mala relación entre elas e da inminente ruptura do grupo, que finalmente de produciu.

A partir dese momento, as dúas cantantes iniciaron as súas carreiras en solitario, sendo Marta Botía a primeira en publicar disco Cumplir lo prometido, en 2002, cuxas vendas en España chegaron a 100.000 copias.

En 2005 a discográfica sacou á venda un novo recompilatorio de CD máis DVD, Lo echamos a suertes.

Desde entón, tanto Marta como Marilia, prepararon novos traballos discográficos. Ademais, Marta debutou como actriz en 2006, na película de Miguel Hernández Pobre juventud.

Discografía editar

  • Ella Baila Sola (1996)

-Mejor sin ti

-Lo echamos a suertes

-Amores de barra.

-Victoria

-Cuando los sapos bailen flamenco

-El negro

-No lo vuelvas a hacer

-Besos de hielo

-Muere el silencio

-Entra

-Disimulando

-Mujer florero

-Por ti

-Y Quisiera

-Que se me va de las manos

-El tiempo de mi felicidad

-Parece mentira

-Suelo De Canicas

-Entre tu Cuarto y el mío

-Beso eterno

-En medio

-Contigo me cruzo deprisa

-Mientras mueves el arroz

-Algo Personal

-Nacer Para Encontrarte

-A Mi Ritmo

-Junta Los Dedos

-Despídete

-Claro que hace falta hablar.

-Cómo repartimos los amigos.

-Superviviente.

-Sin confesarlo todo.

-Ella baila sola.

-La patera.

-No está todo perdido.

-Calor que dar.

-Seguro que sí.

-Sólo he perdido un minuto contigo.

-Mujer florero

-Cuando los sapos bailen flamenco

-Y quisiera

-Amores de barra

-Lo echamos a suertes

-Despídete

-Cómo repartimos los amigos

-Mejor sin ti

-No lo vuelvas a hacer

-Que se me va de las manos

-Claro que hace falta hablar

-Ella Baila Sola

-Por ti

-Suelo de canicas

-Entra

-Sin confesarlo todo

-Besos de hielo

-Superviviente

-Parece mentira

-Ay de ti, ay de mi

-Lo échamos a suertes

-Despídete

-Que se me va de las manos

-Ella baila sola

-Y quisiera

-Mujer florero

-Por tí

-Cuando los sapos bailen flamenco

-Mejor sin tí

-Beso eterno

Colaboracións editar

Marta Botía editar

Marilia Casares editar

Ligazóns externas editar