Uxía Blanco
María Eugenia Dolores Blanco Iglesias, máis coñedica como Uxía Blanco, nada en Loxo, Touro, en 1952, é unha actriz e presentadora galega, licenciada en Xeografía e Historia, concelleira delegada da área de igualdade, xuventude e normalización lingüística do Concello de Vigo.
Traxectoria
editarComezou sendo actriz de teatro nos 70, dando o salto á gran pantalla na década de 1980. Protagonizou a primeira longametraxe en lingua galega, Sempre Xonxa de Chano Piñeiro. Logo virían outras películas, como Huidos (1993) de Sancho Gracia, Contar (1994) de Manuel Abad ou A lingua das bolboretas (1999), adaptación ao cine da man de José Luis Cuerda dun relato da obra de Manuel Rivas, Que me queres, amor?. Participou en Luar como presentadora e levou o programa de actualidade cinematográfica da Televisión de Galicia, DeZine desde 1997. Tamén presentou As viaxeiras da Lúa.
É concelleira no Concello de Vigo como independente nas listas do Partido dos Socialistas de Galicia, delegada da área de igualdade, xuventude e normalización lingüística.[1]
Filmografía
editar- Filmes
- Sempre Xonxa (1989), de Chano Piñeiro. Como Xonxa.
- Huidos (1993), de Sancho Gracia. Como María.
- Contar (1994), de Manuel Abad. Como Muller.
- Hermana, pero ¿qué has hecho? (1995), de Pedro Masó.
- A lingua das bolboretas (1999), de José Luis Cuerda. Como Rosa.
- Tierra del Fuego (2000), de Miguel Littin. Como Madre Silveira.
- Dagon (2001), de Stuart Gordon. Como Nai de Ezequiel.
- Joc de mentides (2003) (TV), de Lluís Zayas.
- A velocidade funda o esquecemento (2005), de Marcelo Schapces.
- Mis estimadas víctimas (2005) (TV), de Pedro Costa. Como Carmen.
- Somne (2005), de Isidro Ortiz. Como María Ruiz.
- A Atlántida (2005) (TV), de Belén Macías. Como Asunción Mihura.
- Hotel Tívoli (2006), de Antón Reixa. Como Mabel.
- Contar de memoria (2006), de Marcelo Schapces.
- Curtametraxes
Televisión
editar- Personaxes fixos ou recorrentes
- Mareas vivas (1998). Como Helena. Televisión de Galicia.
- Cuéntame cómo pasó (2001). Como Esperanza. La 1 de Televisión Española.
- Manolito Gafotas (2004). Como Sita Espe. Antena 3.
- Serramoura (2014-) (Televisión de Galicia). Como Teresa.
- Personaxes episódicos
- Makinavaja (1994). Televisión Española.
- El comisario (2000). Telecinco.
- Hospital Central (2002). Como Noemí García. Telecinco.
- Hospital Central (2007). Como Matilde, nai de Laura. Telecinco.
- Presentadora
Teatro
editar- Ollares de perfil (Teatro libre do Brasil)
- The Days Before.
Galardóns e nomeamentos
editar- Premio Zarauz do público por Sempre Xonxa.
- Premio Agapi á mellor interpretación feminina pol' A lingua das bolboretas.
- Premio Agapi ó mellor programa de Televisión de Galicia por Dezine.
Ano | Categoría | Produción | Resultado |
---|---|---|---|
2002 | Mellor comunicador de televisión | Dezine | Nomeada |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Uxía Blanco |
Bibliografía
editar- "Blanco Iglesias, Uxía". Diccionario enciclopédico galego universal 9. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 95. ISBN 84-7680-429-6.
- "Blanco Iglesias, Uxía". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 119.
- "Blanco Iglesias, Uxía". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 324. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Blanco Iglesias, Uxía". Enciclopedia Galega Universal 3. Ir Indo. 1999-2002. p. 372. ISBN 84-7680-288-9.
- "Blanco Iglesias, Uxía". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Alvarellos Iglesias, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. p. 36. ISBN 84-85311-96-5.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 71. ISBN 84-8064-113-4.