Abrir o menú principal

Somne é unha coprodución galega do ano 2004 dirixida por Isidro Ortiz. entre os seus protagonistas atópanse actores galegos coma Nancho Novo ou Uxía Blanco. A produción corre a cargo da produtora galega Vaca Films xunto á TVG e a madrileña Lotus Films. A rodaxe tivo lugar en Santiago de Compostela, Lousame, O Grove, Madrid e nas minas de San Fins. A longametraxe presentouse o 12 de outubro de 2005 no Festival de Sitges, e a estrea comercial en España foi o 21 do mesmo mes.

Somne
Ficha técnica
DirectorIsidro Ortiz
GuiónDavid Alonso e Cristóbal Garrido
IntérpretesGoya Toledo, Óscar Jaenada, Nancho Novo, Chete Lera, Gary Piquer, Uxía Blanco, Jordi Dauder, Iván Hermés, Manuel Dios, Itxaso Álvarez
MúsicaJavier Cámara
FotografíaPedro del Rey
Estrea12 de outubro de 2005
OrixeGalicia Galicia

ArgumentoEditar

A protagonista deste filme é Andrea (Goya Toledo), unha neuróloga de éxito que decide volver ó lugar onde estudou ó coñecer a nova do suicidio dunha antiga profesora súa, María (Uxía Blanco). Esta deixara sen rematar un importante experimento no que estaba a traballar.

A Andrea propóñenlle continuar a investigación da profesora no punto no que esta a deixou. Andrea acepta o reto xunto a Gabriel (Óscar Jaenada), o fillo de María, e Diego (Nancho Novo).

Equipo artísticoEditar

Equipo técnicoEditar