Tierra del Fuego (filme de 2000)
Tierra del Fuego é un filme chileno de 2000 dirixido por Miguel Littín. Baséase nunha historia curta homónima escrita por Francisco Coloane, e conta a conquista da Terra do Fogo por Julius Popper. Popper foi un enxeñeiro xudeoromanés nacionalizado arxentino, e un dos principais responsables do xenocidio selk'nam, un dos pobos indíxenas que habitaron o Arquipélago de Terra do Fogo.[3][4] Estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2000.[5]
Tierra del Fuego | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Tierra del Fuego |
Director | Miguel Littín[1] |
Produtor | Roberto Manni |
Guión | Miguel Littín Francisco Coloane Tonino Guerra Luis Sepúlveda |
Baseado en | Tierra del Fuego (1956) de Francisco Coloane e crónicas de Julius Popper |
Intérpretes | Jorge Perugorría |
Música | Milladoiro Ángel Parra |
Fotografía | Giuseppe Lanci |
Montaxe | Ernest Blasi |
Estudio | Buenaventura Films Castelao Producciones Surf Films[2] |
Estrea | 19 de maio de 2000 |
Duración | 108 minutos |
Orixe | Chile España Italia |
Xénero | Histórico |
Na rede | |
O filme está protagonizado por recoñecidos actores de distintas nacionalidades, e a música foi composta polo grupo galego Milladoiro e polo cantautor chileno Ángel Parra, fillo de Violeta Parra.[2]
Sinopse
editarAmbientado a finais do século XIX, Julius Popper toma posesión da Illa Grande da Terra do Fogo en nome da raíña de Romanía Isabel de Wied (alcumada Carmen Sylva; 1843-1916).[6] Na súa misión na procura de ouro, amparada baixo o lema «civilización ou morte»,[2] é acompañado por personaxes de diversas nacionalidades, tales como Armenia, unha bela prostituta, Spiro, un aventureiro italiano, Shaeffer, un alemán fiel a Popper, Novak, un austríaco que exerce como xeneral do grupo e Silveira, un galego intérprete de gaita.[6]
Personaxes
editar- Jorge Perugorría como Julius Popper
- Ornella Muti como Armenia
- Tamara Acosta como Mennar
- Nelson Villagra como Novak
- Álvaro Rudolphy como Schaeffer
- Nancho Novo como Silveira
- Luis Alarcón como Alexis
- Claudio Santamaria como Spiro
- Uxía Blanco como nai de Silveira
- Omero Antonutti
- Héctor Delgado
- Mateo Iribarren
- Ángel Perra
- María Jurado
Produción
editarFoi rodado en Punta Arenas e Terra do Fogo, na Zona Austral de Chile, e en Galicia.[2] Estreouse no mes de maio no Festival de Cannes de Francia,[7] e a súa estrea en Chile foi o 6 de xullo do mesmo ano.[2]
Notas
editar- ↑ IMDb. "Tierra del Fuego (2000)" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 CineChile. "Tierra del Fuego (2000)". Consultado o 13 de agosto de 2013.
- ↑ Segundo memorias de Federico Echelaite no filme documental Los onas, vida y muerte en Tierra del Fuego, de A. Montes, A. Chapman e Jorge Preloran.
- ↑ Gusinde, Martin (1951). Hombres primitivos en la Tierra del Fuego (de investigador a compañero de tribu). Sevilla: Escuela de Estudios Hispano-Americanos de Sevilla. pp. 98–99.
- ↑ festival-cannes.com (ed.). "Festival de Cannes: Tierra del fuego". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2012. Consultado o 16 de outubro de 2009.
- ↑ 6,0 6,1 Filmaffinity. "Tierra del Fuego". Consultado o 13 de agosto de 2013.
- ↑ IMDb. "Tierra del Fuego (2000). Release Info" (en inglés). Consultado o 13 de agosto de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Tierra del Fuego na IMDb (en inglés).