Loxo, Touro

parroquia civil do concello de Touro

Santa María de Loxo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Touro na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2012 tiña 430 habitantes (226 mulleres e 204 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 526 habitantes.

Loxo
Igrexa de Loxo, Touro.jpg
Igrexa de Santa María de Loxo.
ConcelloTouro[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°51′30″N 8°20′26″O / 42.85825596, -8.34053806Coordenadas: 42°51′30″N 8°20′26″O / 42.85825596, -8.34053806
Poboación381 hab. (2019)
Entidades de poboación18[1]
editar datos en Wikidata ]

XeografíaEditar

Dentro da súa orografía destaca o monte do Coto (392 m). Posúe un río, o Pucheiras, que é subafluente do Ulla. No territorio de Loxo encóntrase parte dunha antiga explotación mineira dedicada a extracción de cobre, actualmente ocupadas por unha empresa dedicada a construción de obras.

Comunícase a través da estrada AC-240 que vertebra todo o municipio de Touro. Hai servizos de autobuses diarios entre Loxo e Santiago de Compostela.

EconomíaEditar

Loxo pasou de ser unha parroquia eminentemente agrícola e gandeira a converterse no lugar de residencia dependente economicamente dos sectores secundarios e terciarios de Santiago de Compostela principalmente.

PatrimonioEditar

  • Igrexa parroquial de Santa María.
  • Capela de San Sebastián.
  • Cruceiro.
  • Sobreira centenaria (no cemiterio da igrexa parroquial).

FestividadesEditar

O Coto, na honra a San Sebastián e a Santa Lucía (sábado e domingo da primeira fin de semana de xullo respectivamente), Santa María 15 de agosto, San Roque 16 de agosto e Virxe do Carme 17 de agosto[Cómpre referencia].

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de LoxoEditar

Lugares da parroquia de Loxo no concello de Touro (A Coruña)

Arinteiro | Os Bravos | A Capela | As Casas Novas | O Cotiño | A Eirexe | A Goleta | As Goritas | Loureda | Louredela | Loxo | Outeiro | Peixón | Os Torreis de Abaixo | Os Torreis de Arriba | Tribás | Vilanova | Vilaperre

Parroquias de TouroEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Touro

Andeade (Santiago) | Bama (San Vicenzo) | Bendaña (Santa María) | Beseño (San Cristovo) | Calvos de Socamiño (San Martiño) | Circes (Santa Mariña) | Cornado (Santiso) | Enquerentes (San Miguel) | Fao (Santa Uxía) | Fontes Rosas (San Xoán) | Foxás (San Breixo) | Loxo (Santa María) | Novefontes (Santiago) | Prevediños (Santiago) | San Fiz de Quión (San Fiz) | San Miguel de Vilar (San Miguel) | San Pedro de Ribeira (San Pedro) | Touro (San Xoán) | Turces (Santa María)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar