Bama, Touro

parroquia civil do concello de Touro

San Vicenzo de Bama[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Touro na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2012 tiña 289 habitantes (150 homes e 139 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 355 habitantes.

Bama
Bama.Romería do San Cidre.JPG
Romaría de San Cidre.
ConcelloTouro[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°52′45″N 8°22′26″O / 42.8792243, -8.3739906Coordenadas: 42°52′45″N 8°22′26″O / 42.8792243, -8.3739906
Poboación251 hab. (2019)
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

FestasEditar

As festas patronais de San Vicenzo celébranse a fin de semana máis próxima ao 22 de xaneiro. Festéxase tamén San Cidre (romaría na capela do mesmo nome a fin de semana máis próxima ao 15 de maio) e o San Ramón (primeira fin de semana de setembro).

O entroido de Bama, coñecido como As Máscaras, ten lugar o domingo de Corredor, unha semana antes do domingo de entroido. O traballo para a celebración de tan singular festa comeza polo menos un mes antes onde se reúnen todos os que queren participar e vaise configurando a ruada, os xenerais, a vellada, o frade... Pola mañanciña ten lugar a ruada, conxunto de mozos e mozas vestidos de galegos ou disfrazados, van polas aldeas cantando, bailando e tocando.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de BamaEditar

Lugares da parroquia de Bama no concello de Touro (A Coruña)

Bamela | Belvís | Campelo | Castro | Millares Grande | Sar | A Silva | Tarrío | Vilar | A Xesteira

Parroquias de TouroEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Touro

Andeade (Santiago) | Bama (San Vicenzo) | Bendaña (Santa María) | Beseño (San Cristovo) | Calvos de Socamiño (San Martiño) | Circes (Santa Mariña) | Cornado (Santiso) | Enquerentes (San Miguel) | Fao (Santa Uxía) | Fontes Rosas (San Xoán) | Foxás (San Breixo) | Loxo (Santa María) | Novefontes (Santiago) | Prevediños (Santiago) | San Fiz de Quión (San Fiz) | San Miguel de Vilar (San Miguel) | San Pedro de Ribeira (San Pedro) | Touro (San Xoán) | Turces (Santa María)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar