Turces, Touro
Santa María de Turces é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Touro, na comarca de Arzúa, na provincia da Coruña. Conta cunha superficie de 4,36 km². Segundo o IGE en 2013 tiña 177 habitantes (85 mulleres e 92 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 248 habitantes.
Turces | |
---|---|
Igrexa de Turces | |
Concello | Touro[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°51′47″N 8°13′51″O / 42.86301174, -8.23091449 |
Área | 4,36 km² |
Poboación | 147 hab. (2019) |
Densidade | 33,72 hab./km² |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarLinda polo norte con Beseño, polo sur coa parroquia de Calvos de Socamiño e o río Ulla, polo leste Dombodán e Branzá, estas do concello de Arzúa; e polo oeste, topa coa parroquia de Andeade.
Na parroquia está situado o CEIP de Turces.
Agroturismo
editarEn Murgás atópase o centro agroturístico Arquesán, da queixaría que funciona dende o ano 1987 producindo queixos Arzúa-Ulloa. Nesta queixaría-escola calquera que acceda a ela poderá proceder a elaboración de queixos ou outros produtos lácteos.
Patrimonio
editar- Igrexa de Santa María de Turces.
- Casa reitoral de Santa María.
- Muíños de Santa Marta: muíño de Abaixo, de Arriba e do Medio.
- Fervenza de Santa Marta.
Festas locais
editar- A Santa María o 15 e 16 de agosto, e ás veces outro día máis.
Lugares e parroquias
editarLugares de Turces
editarLugares da parroquia de Turces no concello de Touro (A Coruña) | |
---|---|
A Gordela | Marzá | Merés | O Monte | Murgás | As Pedreiras | A Ribeira | Turces |