Fervenza das Hortas

fervenza no regato de Saímes
(Redirección desde «Fervenza de Santa Marta»)

Coordenadas: 42°50′55″N 8°12′59″O / 42.848611111111, -8.2163888888889

A fervenza das Hortas ou fervenza de Santa Marta é unha fervenza do regato de Saímes, ou río de Santa Marta. Ten unha caída duns 32 metros. Está situada no lugar das Hortas, na parroquia de Dombodán (Arzúa). Xorde pouco antes da confluencia co río Ulla e fai de fronteira natural entre os concellos de Arzúa e Touro. Accédese a ela polo camiño dos Pombos, baixando polo monte dos Muíños.

A fervenza.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar