Circes, Touro

parroquia civil do concello de Touro

Santa Mariña de Circes[1] é unha parroquia do concello coruñés de Touro, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2009 tiña 118 habitantes (61 mulleres e 57 homes) distribuídos en dúas entidades de poboación, Quintás e Os Chaos, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 143 habitantes. Destas dúas entidades de poboación poderíase debullar outras como As Penediñas. Ten unha superficie de 3,34 km².

Circes
Igrexa de Circes.JPG
Igrexa de Santa Mariña de Circes.
ConcelloTouro[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°50′09″N 8°13′17″O / 42.83579444, -8.22126389Coordenadas: 42°50′09″N 8°13′17″O / 42.83579444, -8.22126389
Área3,34 km²
Poboación103 hab. (2019)
Densidade30,84 hab./km²
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

XeografíaEditar

Está situada ao leste do concello, na marxe dereita do río Ulla, formando unha península rodeada polo curso do Ulla agás polo norte, que linda con Calvos de Socamiño e un cachiño con Turces. A maioría dos seus lindes dan coa provincia de Pontevedra, co río Ulla, mais non ten ningunha ponte sobre o río e as únicas saídas de Circes son as estradas que se dirixen ao norte, a Turces e a Calvos.

EconomíaEditar

Na entrada de Circes áchase o maior conxunto de casas de economía produtiva similar ás freguesías limítrofes, con prados que alimentan ao gando vacún. Achegándonos ao río, dirixíndonos ao sur, o terreo faise moi costento, e esténdese, entre uns poucos prados e regos pequenos, un abundante monte autóctono, que constitúe a maior parte do territorio parroquial.

Había pesca, mais a construción de varias minicentrais hidroeléctricas no curso do río Ulla fixo desaparecer esta riqueza de Circes, xa moi decrecida polo encoro de Portodemouros, situado quilómetros arriba.

PatrimonioEditar

FluvialEditar

  • Paseo Fluvial dos Pombos.
  • Lugar da Barca.
  • Fonte Natural da Piollosa.

ForestalEditar

  • Carballeira da Barca.
  • Contorno do Ulla.
  • Corticeiras de Quintás.

Área recreativaEditar

  • Área Recreativa A Piollosa.

ArquitecturaEditar

  • Igrexa de Santa Mariña de Circes.
  • Cruceiro de Circes.
  • Muíños dos Pombos: muíño de Arriba, do Medio e de Abaixo.
  • Fonte de Chaos.
  • Fonte de Quintás.

FestasEditar

Os días 18 e 19 de xullo celébranse as festas de Santa Mariña; e tamén o San Roque o luns de Pascua.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de CircesEditar

Lugares da parroquia de Circes no concello de Touro (A Coruña)

Os Chaos | As Penediñas | Quintás

Parroquias de TouroEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Touro

Andeade (Santiago) | Bama (San Vicenzo) | Bendaña (Santa María) | Beseño (San Cristovo) | Calvos de Socamiño (San Martiño) | Circes (Santa Mariña) | Cornado (Santiso) | Enquerentes (San Miguel) | Fao (Santa Uxía) | Fontes Rosas (San Xoán) | Foxás (San Breixo) | Loxo (Santa María) | Novefontes (Santiago) | Prevediños (Santiago) | San Fiz de Quión (San Fiz) | San Miguel de Vilar (San Miguel) | San Pedro de Ribeira (San Pedro) | Touro (San Xoán) | Turces (Santa María)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar