Fao, Touro
Santa Uxía de Fao é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Touro, na comarca de Arzúa, en Galiza. Segundo o IGE en 2012 tiña 202 habitantes (101 homes e 101 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 281 habitantes.
Fao | |
---|---|
Xenerais do Ulla no martes de carnaval. | |
Concello | Touro[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°50′49″N 8°17′37″O / 42.84700833, -8.29360556 |
Poboación | 176 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarPolo leste linda co río Lañas que se dirixe ao Ulla separándoo da parroquia de Santiso de Cornado; polo oeste atópase co dito río Ulla, con Ribeira e cun anaco da parroquia Loxo; ao sur está Novefontes, e Fao toca un cacho o río Ulla tamén; e ao norte encóntrase con Touro.
Patrimonio
editar- Muíños da Carballa.
- Muíño de Quintas.
- Muíño do Inferniño.
- Muíños do Crego.
- Muíños da Ruta.
- Muíño dos Ferreiros.
- Pazo de San Cristovo.
- Lavadoiro de Manuel Mato na agra de Vilariño.
- Hórreo do Crego.
Festas
editarO entroido de Fao celébrase o martes de carnaval pola tarde, con máscaras e xenerais do Ulla montados a cabalo, ao igual que acontece noutros puntos limítrofes con Fao, mais que en cada lugar ten a súa particularidade.
Lugares e parroquias
editarLugares de Fao
editarLugares da parroquia de Fao no concello de Touro (A Coruña) | |
---|---|
Aldrén | O Arroeiro | Bustelo | O Cascallón | A Cruz | Os Dezas | A Eirexe | Os Gagos | O Moutarón | Os Paces | Pena | Soutullo | A Torre |