Mariana Expósito

actriz española

Mariana Expósito Castaño, nada o 26 de febreiro de 1985 en Lugo, é unha actriz galega.

Mariana Expósito
Nome completoMariana Expósito Castaño
Nacemento26 de febreiro de 1985
LugarLugo
NacionalidadeEspaña
Profesiónactriz
Na rede
IMDB: nm3852422 Facebook: MarianaExpositoPaginaOficialDeLaActriz Twitter: MARIANAexposito Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Mariana comezou a interpretar no mundo do teatro con 14 anos. Estudou entre A Coruña e Madrid en diferentes escolas de arte dramática (Juan Carlos Corazza, Adán Black, Casahamlet...) e de canto (Pilar Lirio, María Adamuz). Completou a súa formación con seminarios dirixidos por Lorena García de las Bayonas, Consuelo Trujillo e Fernando Piernas, entre outros. Tamén tomou clases de locución, xornalismo, danza, equitación, surf, loita escénica e está especializada en artes teatrais e audiovisuais.

Cinema / Telefilmes editar

  • Maratón (2012, como Patricia)
  • A pesar de todo, quérote (2011, como Enma)
  • Vacas, porcos e zapatos de Tacón (2010, como Ruth)
  • Reliquias (2009, como monxa María)
  • El diario de una ninfómana (2008, como Inés)
  • El Concursante (2006, como monxa María)
  • La Atlántida (2005, como moza de Ana)

Series de televisión editar

Teatro editar

  • Habitación con vistas (2012, microteatro; dirección: Daniel Currás)
  • The One night Show (2009-2011, monólogos; dirección: Adán Black)
  • O arquitecto do mar (2006-2007, Ditirambo-T; Dirección: Cecilia Campos)

Premios editar

  • 2012. Milagrosista do Ano
  • 2007. Premio especial do xurado no X Festival de teatro de Rivas Vaciamadrid por El arquitecto del mar
  • 2006. Premio Estrella Galicia por A Soga da Soidade

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar