Fran Paredes

actor galego

Fran Paredes, nado en Moaña en 1972, é un actor galego.

Modelo:BiografíaFran Paredes

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1972 Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
Moaña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciouse en Filoloxía inglesa pola Universidade de Vigo en 1997. Como actor participou en numerosas montaxes tanto en teatro escolar e amador, ligado ao grupo Teatrofia Teatral dirixido por Asución Sóñora e posteriormente no grupo Teatro Aurín de Pedro Pablo Riobó, como en compañías profesionais entre as que destacan Teatro de Ningures e Teatro do Morcego e o proxecto Llullu Teatro do que foi cofundador. Actor tamén de audiovisual en numerosas curtas, series para televisión e cine. É tamén tradutor da obra A gata sobre o tellado de zinc quente, para Teatro Aurín. Colaborou en 2007 e 2008 coa ESAD como actor na sinatura de dirección de actores. Tamén participou na dirección de diversos espectáculos.

Teatro

editar
  • Our day out, de Willie Russell (1993)
  • O tendal, de Pedro P. Riobó (1993)
  • A gata sobre o tellado de zinc quente, de Tennessee Williams (1994)
  • Nai Coraxe e os seus fillos, de Bertolt Brecht (1995)
  • Communication problems, vv. aa (1995)
  • Epifanías, vv. aa. (1997; dramaturxia de Pedro P. Riobó)
  • Ñaque, ou de piollos e actores, de J. Sanchis Sinisterra (1999: dirección de Salvador del Río Pérez)
  • Veñan máis quince (1999; dramaturxia de Pedro P. Riobó)
  • Os piratas. A branca-rosa, de Sans e Barbany (2000: dirección de Celso Parada)
  • Supertot, de Benet i Jornet e Puértolas (2000)
  • O circo enmeigado, ou a Amazona e os excéntricos, de Rafael Dieste (2001: dir: Salvador del Río Pérez)
  • Fausto, de Christopher Marlowe (2001: dirección de Etelvino Vázquez)
  • Círculo, de Suso de Toro (2002: dirección de Etelvino Vázquez)
  • O Principiño, de Antoine de Saint-Exupéry (2002: dirección de Salvador del Río Pérez)
  • Troianas, de Eurípides (2004: dirección de Etelvino Vázquez)
  • Un tranvía de nome desexo, de Tennessee Williams (2004: dirección de Damián Contreras)
  • A farsa do Bululú, de Manuel María (2005: dirección de Celso Parada)
  • O circo enmeigado, de Rafael Dieste (2005: versión e dirección de Celso Parada)
  • Tartufo, de Molière (2005: dirección de Etelvino Vázquez)
  • Misericordia, de Benito Pérez Galdós (2006; dirección de Etelvino Vázquez)
  • O caso da Rúa Lourcine, de E. Laviche (2006: dirección de Xan Cejudo)
  • Emigrados (2007; vv.aa.; dirección de Etelvino Vázquez)
  • Bailadela da morte ditosa, de Roberto Vidal Bolaño (2008; dirección de Etelvino Vázquez)
  • Atra bile, de Laila Ripoll (2009; dirección de Etelvino Vázquez)
  • Os cómicos dell’auto (2009)
  • María Soliña (2009)
  • Ñaque, de Sanchis Sinisterra (2009; dirección de Salvador del Río Pérez)

Televisión

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • López, Yolanda; Paredes, Xavier; et ali (2005): Catálogo de dramaturgos galegos. 1973-2004. CDAEMGA, Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, 2005.(Índice de tradutores)