Heroína (filme)
Heroína é unha película de Gerardo Herrero, coprodución galega estreada en 2005 e baseada na historia e na figura de Carmen Avendaño, unha das nais fundadoras do movemento Érguete de loita contra a droga e o narcotráfico en Galicia.
Adriana Ozores, que foi nomeada ó Goya a mellor actriz protagonista por este papel, encabeza un elenco que se completa con multitude de caras coñecidas do panorama do audiovisual galego.
A película foi rodada en Galicia en escenarios reais da loita contra o narcotráfico, coma é o caso do Pazo Baión.
Sinopse
editarA acción está ambientada en Galicia nos anos oitenta. Pilar (Adriana Ozores) é unha muller normal que un día descobre que un fillo dela é adicto á heroína. Arredor de Pilar outros moitos pais estanse encontrando co mesmo problema. Cando comezan a reunirse, a incerteza vaise transformando nunha vontade firme de denunciar a impunidade do narcotráfico nas nosas vilas.