Carmen Avendaño

activista española

Carmen Avendaño Otero, nada en Lavadores (Vigo) o 21 de novembro de 1945,[1] é unha muller coñecida pola súa loita contra o narcotráfico en Galicia; presidenta e coordinadora da fundación Érguete-Integración.[2]

Carmen Avendaño
Carmen Avendaño.jpg
Nome completoCarmen Avendaño Otero
Nacemento21 de novembro de 1945
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónactivista e política
CargosDeputada provincial
e concelleira.
Na rede
IMDB: nm1911278 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
CIS Carmen Avendaño Otero.

Foi pioneira na loita integral contra o narcotráfico, denunciando aos grandes traficantes e organizando plans integrais de rehabilitación e reinserción. Fundou a Federación Provincial e a Federación Galega de Axuda ó Drogodependente. A partir de 1995 foi concelleira do PSOE no Concello de Vigo e deputada provincial do PSOE en Pontevedra. Tamén foi membro da asemblea xeral de Caixanova[3] e do consello de administración do Real Club Celta de Vigo.[4] Segundo o diario El Correo Gallego figuraba no posto 94 na lista dos 125 galegos máis influentes.[5]

No ano 2005, protagonizado por Adriana Ozores, rodouse en Galicia o filme Heroína, baseado na súa historia. E leva o seu nome o Centro de Inserción Social de Vigo, inaugurado en 2006, que acolle a condenados que cumpren o terceiro grado ou que fan traballos comunitarios.

PremiosEditar

Obtivo o Premio Xustiza e Sociedade (1993); o Premio Nacional do PSOE Rosa Manzano; o Premio La Voz de Galicia á Solidariedade (1998); premio Sardiña de Ouro do Concello de Vigo (1999); Premio Galicia en Feminino (2002) e foille entregada pola raíña Sofía a Cruz de Prata da Orde Civil da Solidariedade Social (2010) como recoñecemento ao seu compromiso persoal en defensa dos mozos afectados pola adicción ás drogas e pola súa actitude decidida de loita contra o tráfico de drogas,[6] entre outros.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar