Premio Galicia en Feminino
Os premios Galicia en Feminino, promovidos pola Consellaría de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia, foron uns galardóns que recoñecían o labor de profesionais e colectivos a favor da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Os premios foron creados no ano 2001 polo Servizo Galego de Promoción de Igualdade do Home e da Muller mediante resolución de 14 de febreiro de 2001[1]. En 2004 modificáronse as bases mediante resolución de 30 de xaneiro de 2004 para darlle unha maior significación e realce aos mesmos, destacando o labor e o esforzo das mulleres galegas na consecución da igualdade de xénero.[2]
Os premios Galicia en Feminino entregáronse anualmente o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Así os definía Manuel Fraga:
“nos albores do século XXI, a consecución da igualdade real de oportunidades preséntase como un gran desafío para as sociedades modernas que, como a nosa, propugnan, como valores do seu ordenamento xurídico, a liberdade, a igualdade e a xustiza”. Polo tanto, a entrega destes premios “permite reflexionar sobre os avances conseguidos e fixar obxectivos para continuar avanzando na plena integración da muller en tódolos eidos da sociedade”.
Modalidades
editarAs modalidades convocadas para os premios Galicia en Feminino, cando se creou o premio en 2001, foron:
- Premio á participación laboral das mulleres.
- Premio á difusión de imaxe non discriminatoria das mulleres.
- Premio á participación artístico-cultural das mulleres.
- Premio á participación social das mulleres.
- Distinción honorífica pola defensa da igualdade.
A partir de 2004, as modalidades convocadas para os premios Galicia en Feminino, foron as seguintes:[2]
- Premio Galicia en Feminino: para a figura feminina ou a entidade, asociación, etc. que realizase a actuación máis salientable na consecución da igualdade de oportunidades das mulleres galegas no ano inmediatamente anterior ó da súa convocatoria
- Premio Galicia en Feminino de participación: para persoas individuais ou entidades, asociacións, etc., das que fora salientable o seu labor nos eidos político, social ou profesional.
- Premio Galicia en Feminino de cooperación: para persoas individuais ou entidades, asociacións, empresas, clubs deportivos, etc. que se significasen polas súas accións a favor da igualdade de oportunidades para as mulleres galegas.
- Premio Galicia en Feminino de creación: para unha muller ou grupo de mulleres en recoñecemento do seu labor creativo nos eidos artístico, científico, cultural e divulgador en Galicia.
- Premio Galicia en Feminino de comunicación: para persoas individuais, colectivos ou empresas, de orixe galega, ou que desenvolvesen o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia.
Galardoadas
editarAno 2001
editar- Premio á difusión da imaxe non discriminatoria das mulleres: Marina Mayoral, escritora, profesora e ensaísta.[3]
- Premio á participación artístico-cultural das mulleres: grupo Leilía[3]
- Premio á participación laboral das mulleres: Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Pontevedra (APEC)[3]
- Premio á participación social das mulleres: Rosa Otero, presidenta da Asociación Antonio Noche, da Coruña.[3]
- Premio honorífico pola defensa da igualdade: Natividad Marcotegui, directora do Centro Vagalume, de Santiago.[3]
Ano 2002
editar- Premio á difusión da imaxe non discriminatoria das mulleres: Ángela Rodicio, xornalista.[4]
- Premio á participación artístico-cultural das mulleres: Luz Pozo Garza, poeta.[5]
- Premio á participación laboral das mulleres: María José Jove, vicepresidenta de Fadesa.[6]
- Premio á participación social das mulleres: Carmen Avendaño, coordinadora do centro Érguete.[4]
- Premio honorífico pola defensa da igualdade: Carmela Arias, condesa de Fenosa e presidenta da Fundación Barrié de la Maza.
Ano 2003
editar- Premio pola difusión da imaxe non discriminatoria das mulleres: Blanca García Montenegro, presidenta Grupo El Progreso.
- Premio pola súa participación artístico-cultural: Teresa Portela, piragüista.
- Premio á participación laboral das mulleres: Asociación de Mariscadoras Areal, presidenta Dolores Bermúdez.
- Premio á participación social das mulleres: María Teresa Fernández Cabaleiro, presidenta da Asociación Juan XXIII.[7]
- Premio honorífico pola defensa da igualdade: Manuela López Besteiro, ex conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
Ano 2004
editar- Premio Galicia en feminino: Ana Pastor, ministra de Sanidade.[8]
- Premio de participación: Ana Míguez, presidenta da Asociación Alecrín.[8]
- Premio de cooperación: Carmen Colmenero, presidenta de Cruz Vermella Galicia.[8]
- Premio de creación: Kina Fernández, deseñadora.[8]
- Premio de comunicación: Marisa Real, directora de Club Faro de Vigo.[8]
Ano 2005
editar- Premio Galicia en feminino: Chus Lago, alpinista.[9]
- Premio de participación: Empresa PSA-Citröen.[9]
- Premio de cooperación: Irene Cuervo, mestra directora do Centro de Día Ó Mencer, de Ferrol.[9]
- Premio de creación: Toñi Vicente, cociñeira.[9]
- Premio de comunicación: Mariana Carballal, actriz e directora da serie Libro de familia.[9]
Notas
editar- ↑ "Resolución do DOG nº 38 do 22/02/2001 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-04-02.
- ↑ 2,0 2,1 "Disposición do Diario Oficial de Galicia- Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-03-16.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Premian a una asociación local por su lucha contra la discriminación de género". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-03-08. Consultado o 2019-03-17.
- ↑ 4,0 4,1 "En femenino plural para todo el público". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-03-08. Consultado o 2019-03-16.
- ↑ Palacios, Xosé María (7/3/2002). "Luz Pozo Garza, premiada como símbolo de la participación cultural de la mujer". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "Fallece de forma repentina María José Jove, vicepresidenta de la inmobiliaria Fadesa". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-03-23. Consultado o 2019-03-17.
- ↑ "Xornal Vigo: Alfonso Zulueta y María Teresa Fernández, galardonados con el I Premio a la Solidaridad". xornal.vigo.org. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2019-03-16.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 E.PÉREZ/. "Ana Pastor y Kina Fernández galardonadas con los Premios Galicia en Femenino 2004 | Galicia | Galicia - Abc.es". ABC (en castelán). Consultado o 2019-03-15.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 "Una ferrolana, mujer del año". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-03-09. Consultado o 2019-03-17.