Igualdade de oportunidades
A igualdade de oportunidades[1] é unha idea de xustiza social que propugna que un sistema é socialmente digno e xusto cando todas as persoas teñen as mesmas posibilidades de acceder ao benestar social e posúen os mesmos dereitos políticos.
Politicamente oponse ao concepto de xustiza social como igualdade de resultados.[2] Historicamente a igualdade de oportunidades fora preferida pola dereita política fronte á igualdade económica efectiva, ou igualdade de resultados, preferida pola esquerda política, o cal se reflicte na diferente preferencia de ambas as opcións respecto da redistribución da renda vía impostos, tamén velando a súa administración.
Introdución
editarA igualdade natural é un principio que estabelece que todas as persoas, no noso estado natural, somos iguais. A igualdade de resultados por outra banda significa que cada persoa recibe efectivamente a mesma cantidade do ben social ou económico que calquera outra persoa. A igualdade social é unha situación social segundo o cal as persoas teñen as mesmas oportunidades ou dereitos nalgún aspecto.
Por exemplo, existe igualdade de oportunidades nunha rifa dun pastel no que cada persoa recibe un número de rifa. Con todo, neste exemplo non habería igualdade de resultados, xa que ao final unha persoa obtería o pastel e os demais non terían nada. A igualdade de resultados daríase se o pastel se dividise en anacos e se repartisen entre cada papeleta.
Outro exemplo válido sería unha carreira na que todos os participantes partisen da mesma liña de saída ao mesmo tempo. A pesar de ter igualdade de oportunidades por ser as regras as mesmas para todos, dificilmente chegarán á meta ao mesmo tempo debido ás súas diferentes capacidades, por tanto terán desigualdade de resultados. Esta igualdade serve para que todos e todas teñan as mesmas capacidades e/ou dereitos que todos os integrantes dunha sociedade.
Medición da igualdade de oportunidades
editarA igualdade de oportunidades exprésase en indicadores como:
- As matrices de mobilidade social, que conteñen as probabilidades condicionadas de que un individuo estea dentro de determinada clase social ou grupo laboral en función da pertenza dos seus proxenitores.
A desigualdade de resultados en igualdade de oportunidades exprésase en indicadores como:
- Desigualdade entre os salarios medios das mulleres en comparación cos dos homes a pesar de ser iguais ante a lei, cobrar o mesmo polo mesmo traballo e ter unha igual prevalencia respecto da clase social.
Igualdade de oportunidades e igualdade de resultados
editar- Artigo principal: Igualdade de resultados.
A igualdade de oportunidades e a igualdade de resultados son dúas posturas alternativas para organizar de modo xusto unha sociedade. Ambos os conceptos están estreitamente relacionados cos conceptos de liberdade negativa e liberdade positiva. Tamén existe unha correlación na preferencia por unha ou outra segundo o extremo do espectro político (dereita vs. esquerda).
As consecuencias legais e políticas desta dicotomía relaciónanse co papel do goberno. Tradicionalmente se pensou que a igualdade de oportunidades se logra mediante a non intervención do goberno na distribución (quedando o seu papel reducido a garantir a "liberdade negativa": liberdade de expresión, liberdade relixiosa, garantías para a propiedade privada, etc.), mentres que a igualdade de resultados require a intervención do goberno mediante a execución de programas de benestar para os pobres e a instauración de impostos progresivos.
Véxase tamén
editarNotas
editar- ↑ "IV Plan Integral de Igualdade de oportunidades de mulleres e homes de Vigo 2009-2012". igualdade.xunta.gal. Consultado o 2020-02-12.
- ↑ Merrill, Roberto. (2013). Igualdade sem responsabilidade? Comentário a justiça social e igualdade de oportunidades (capítulo III). Revista Diacrítica, 27(2), 325-333. Consultado o 08 de abril de 2020.