Kina Fernández
Joaquina Fernández Álvarez, chamada Kina Fernández, nada en Celavente (O Bolo), en abril de 1947, é unha deseñadora de moda galega.
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1947 (76/77 anos) O Bolo, España |
Actividade | |
Ocupación | deseñador de moda |
Premios | |
|
Traxectoria
editarAos 15 anos emigrou a París,[1] onde aprendeu o oficio de modista e traballou con distintos deseñadores de moda. En 1972,[2] volta a Galicia e abre unha pequena tenda na Coruña, onde se dedica á venda de produtos de cosmética e á importación de roupa francesa. A primeiros dos anos oitenta abriu unha empresa de confección e comezou a deseñar roupa pola súa conta, ata que en 1985 abriu a primeira liña co seu nome.
En 1989 participa no seu primeiro desfile, e en 1999 estréase na pasarela Cibeles de Madrid. Nese ano tamén, e nesa mesma cidade, abre a súa primeira tenda. Na actualidade vende a unha ducia de países e ten seis tendas propias, dúas delas en Galicia: na Coruña e en Lugo.[3] A súa fábrica está localizada na Coruña.
Moda
editarA súa moda vai dirixida unicamente á muller. Traballa o prêt-à-porter, pero tamén ten unha colección de lentes, roupa de baño e de complementos.
Notas
editar- ↑ Con quince años se marchó a París, La Voz de Galicia, 28/11/2008
- ↑ Kina Fernández[Ligazón morta], Hoy Mujer
- ↑ Tendas Arquivado 27 de setembro de 2008 en Wayback Machine., web empresarial, visitada en decembro 2008