Toñi Vicente
Antonia Vicente Rodríguez, chamada Toñi Vicente, nada en Tomiño o 12 de xaneiro de 1953[1], é unha restauradora e hostaleira galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xaneiro de 1953 (71 anos) Tomiño, España |
Actividade | |
Ocupación | cociñeira |
Premios | |
Traxectoria
editarOs seus pais tiñan un restaurante en Tomiño, onde comezou traballando na cociña. Despois dunha bolsa para estudar en Francia co cociñeiro Michel Guérard, abriu en 1982 en Vigo o restaurante Síbaris, que lle deu ampla sona, e que colleitou a segunda estrela Michelin da historia de Galicia para unha cociñeira en 1989. En 1990 dirixiu e presentou o programa gastronómico da TVG Artesa.
En 1992 abriu en Santiago de Compostela o restaurante Toñi Vicente, que recibiu a estrela Michelín en 1993, galardón que mantivo ata o ano 2008. En 1997 recibiu o Premio Nacional de Gastronomía.
En agosto de 2008 foi detida para prestar declaración[2] en relación cunha rede de distribución de vieira contaminada. En 2008, uns meses despois deste suceso, perdeu a estrela Michelin, pero mantivo un sol na Guía Repsol[3], ata que a comezos de 2009 anunciou o peche da actividade do seu restaurante[4].
Posteriormente abriu restaurantes en Ribeira, Cambados e Vigo.[Cómpre referencia].Retirouse da vida profesional na cociña en 2018[5].
Obra
editar- Toñi Vicente. A miña cociña (Teófilo Edicións, 2021).
Galardóns
editar- Challenge Européen de la Gastronomie
- Copa de Ouro do Centro Italiano de Promoción Internacional
- Medalla de prata de Galicia, 1997.
Notas
editar- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Vicente Rodríguez, Antonia". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 592. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ "Detenida la cocinera Toñi Vicente por comprar vieiras contaminadas" Arquivado 09/09/2008, en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 6/9/08
- ↑ Soles de decembro Arquivado 06 de decembro de 2008 en Wayback Machine., Colineta, 5/12/2008
- ↑ Pechou Toñi Vicente Arquivado 18 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. Colineta, 9/1/2009
- ↑ Calveiro, P. (2021-03-14). "Toñi Vicente: «En el mundo de la cocina encontré más manos tendidas que zancadillas»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-03-14.