Ana Santos

actriz española

Ana María Santos Maneiro, coñecida como Ana Santos, nada en San Cosme de Antes, Mazaricos, o 5 de marzo de 1965,[1][2] é unha actriz galega de televisión, teatro e dobraxe.

Infotaula de personaAna Santos
Biografía
Nacemento(es) Ana María Santos Maneiro Editar o valor em Wikidata
1965 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Mazaricos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0763969 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A mediados dos anos 80 comezou no mundo da dobraxe, poñendo a súa voz nos filmes e series que se dobraban ao galego para a entón recentemente estreada Televisión de Galicia.[3] Durante as súas máis de tres décadas neste eido, puxo a súa voz a personaxes como Pan, de Dragon Ball,[4] á Abella Maia,[5] a Tamako Nobi, nai de Nobita en Doraemon[6] ou a Ximbé Fukutomi, en Rántaro, o ninja pequeno.[7]

En 1995 comezou a adicarse tamén ao teatro. Fundou a súa propia compañía, Alba, e con ela comezou a representar As criadas, de Jean Genet.[3] Pouco despois aparcou a súa compañía e continuou no teatro pero con outras compañías, adicada exclusivamente a interpretar.[1]

Aínda que xa tivera un pequeno papel na serie de Telecinco, Todos los hombres sois iguales, o seu primeiro papel importante nunha serie foi o de Pitusa en Mareas vivas.[3] Logo interpretou a Leocadia en As leis de Celavella e tivo pequenos papeis noutras series como O Show dos Tonechos, A vida por diante, Libro de familia, ou Piratas, esta última de Telecinco. Tamén tivo un pequeno papel no filme de 2005, Heroína.

En 2008 meteuse no papel de Elsa na serie Padre Casares, interpretando a personaxe durante os máis de 200 episodios da serie. Tras o final da produción, fixo pequenas aparicións nas series Fontealba, Fariña, Viradeira e El punto frío, así como no filme de Isabel Coixet, Elisa e Marcela. Dende 2019 interpreta a Josefa en A estiba.[8]

Filmografía editar

Televisión editar

Cine editar

Teatro editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Ana Santos é Estrela". Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  2. "Currículo" (PDF). Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "A Pitusa máis coñecida de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xuño de 2015. Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  4. "Dragon Ball GT". www.adobraxe.fandom.com. Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  5. "A abella Maia". www.adobraxe.fandom.com. Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  6. "Doraemon, o gato cósmico". www.adobraxe.fandom.com. Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  7. "Rántaro, o ninja pequeno". www.adobraxe.fandom.com. Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  8. "Esta noche un secuestro mantiene en vilo a César Longueira en «A estiba»". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de outubro de 2019. Consultado o 23 de outubro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar