Eurípides

dramaturgo da antiga Grecia


Eurípides (en grego, Εὐριπίδης), nado en Salamina en -480 e finado en Pella en -406, é un dos tres grandes poetas tráxicos gregos da antigüidade, xunto a Esquilo e Sófocles.

Modelo:BiografíaEurípides

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Εὐριπίδης Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento480 a.C.
Illa de Salamina, Grecia Editar o valor en Wikidata
Morte406 a.C.
Pela, Grecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDrama, poesía e filosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor de traxedia, poeta, escritor, dramaturgo, filósofo Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoTraxedia grega Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosEuripides the Younger Editar o valor en Wikidata
PaisMnesarchus Editar o valor en Wikidata  e Cleito Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopædia Britannica
Euripides and His Age (en) Traducir
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0262381 Allmovie: p309288 IBDB: 5477
Galiciana: 26828 BNE: XX850782 Musicbrainz: 9fa39df2-393f-4b64-91e0-2d20524ec30f Songkick: 2222096 Discogs: 1129647 IMSLP: Category:Euripedes Find a Grave: 86247357 Genius: Euripides Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

A súa nai chamábase Klitonis ou Clito e o seu pai Mnesarco ou Mnesárquides. Durante a súa infancia tivo lugar a Segunda Guerra Médica, decisiva para os gregos e o mundo occidental. Parece ser que de raparigo foi copeiro dun grupo de danzantes, con clara significación relixiosa, polo que se supón que a súa educación foi a convencional da súa época. En 466 a. C. cumpriu dous anos de servizo militar. Odiaba a política e era amante do estudo, para o que posuía a súa propia biblioteca privada. Durante un tempo estivo interesado pola pintura, coincidindo co apoxeo do pintor Polignoto en Atenas. Tivo dúas esposas, chamadas Melito e Quérile ou Quérine. Foi amigo de Sócrates, o cal, segundo a tradición, só asistía ao teatro cando se representaban obras de Eurípides. En 408 a. C., decepcionado polos acontecementos da súa patria, implicada na interminable Guerra do Peloponeso, retirouse para a corte de Arquelao I de Macedonia, morrendo dous anos despois en Pella.

Pénsase que escribiu 92 traxedias, coñecidas polos títulos ou por fragmentos, pero consérvanse só 19 delas, das que unha, Reso, se considera apócrifa. A súa concepción tráxica está moi afastada da de Esquilo e Sófocles. As súas obras tratan de lendas e eventos da mitoloxía dun tempo afastado, moi anterior ao século V a. C. de Atenas, pero aplicables ao tempo en que escribiu, sobre todo ás crueldades da guerra. Os trazos diferenciais da súa obra son os seguintes:

• Innovación no tratamento dos mitos.
• Complexidade das situacións e personaxes.
• Humanización dos personaxes, que se mostran como homes e mulleres de carne e óso, con paixóns e defectos que nalgúns casos se achegan á traxicomedia.
• Especial influencia dos problemas e polémicas do momento, que dan un aire de realismo.
• Crítica da divindade tradicional desde un punto de vista tradicionalista.
• Diminución do papel do coro.

Eurípides é coñecido principalmente por reformar a estrutura formal da traxedia tradicional, mostrando personaxes femininos fortes e escravos intelixentes, e por satirizar a moitos heroes da mitoloxía grega. As súas obras parecen modernas comparadas coas dos seus contemporáneos, centrándose na vida interna e as motivacións dos seus personaxes dunha forma antes descoñecida para o público grego.

As obras conservadas deste autor son:

 
Estatua de Eurípides no Louvre.
1. Alcestis (438 a. C.) (segundo posto)
2. Medea (431 a. C.) (terceiro posto)
3. Os Heráclidas (c. 430 a. C.)
4. Hipólito (428 a. C.) (primeiro posto)
5. Andrómaca (c. 425 a. C.)
6. Hécuba (c. 424 a. C.)
7. Suplicantes (c. 423 a. C.)
8. Electra (c. 420 a. C.)
9. Heracles (c. 416 a. C.)
10. Troianas (415 a. C.) (segundo posto)
11. Ifixenia entre os Tauros (c. 414 a. C.)
12. Ion (c. 414 a. C.) [1]
13. Helena (412 a. C.)
14. Fenicias (c. 410 a. C.)
15. Orestes (408 a. C.)
16. As Bacantes (406 a. C., póstuma.)
17. Ifixenia en Áulide (406 a. C., póstuma, primeiro posto.)
18. O Ciclope, sen datar. É o seu único drama satírico conservado.
Rinoceronte Editora publicou en 2021 Ión. Ciclope, con tradución do grego antigo, introdución e notas de Iria Pedreira Sanjurjo (ISBN 978-84-17388-57-7).[2]

Pensamento

editar

A sociedade ateniense da época debatíase entre dúas opcións: a estabilidade dos valores conservadores, representada por Esquilo e Aristófanes, e o revisionismo racionalista, representado por Eurípides, Sócrates e os sofistas. A longa Guerra do Peloponeso contribuíu á derrota da primeira opción, ao comprobar que as vellas receitas de outrora non servían xa para o futuro[3]. É notoria a animadversión de Aristófanes contra Eurípides, ao que ataca nas súas comedias, especialmente en As ras, As Tesmoforias e As asembleístas, con chistes e alusións de intención malévola, como a presunta baixa extracción social da nai de Eurípides, á que cualifica como verduleira, cando a realidade era que pertencía a unha familia acomodada, segundo indican fontes serias como Filócoro[4]. As razóns desta teima persecutoria poderían ser dúas:

  • Antagonismo ideolóxico co pensamento avanzado de Eurípides.
  • A pintura que fai Eurípides das mulleres nas súas traxedias, que as aparta do modelo tradicional moi estereotipado da Comedia Antiga[5].
  1. Traducida ao galego por Iria Pedreira.
  2. "Esta filóloga de Ordes se enfrentó a Eurípides y su traducción opta a los Premios Follas Novas do Libro Galego". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-04-10. Consultado o 2023-04-07. 
  3. Alberto Medina González e Juan A.López Férez, Eurípides, Tragedias I, Introducción a Eurípides, Editorial Gredos, 1990, ISBN 84-249-3484-9, páx. 41
  4. Ídem, Introdución a Eurípides, páxs. 11-14
  5. Ibídem, Introdución a Eurípides, páx. 12

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar