A abella Maia

serie de animación xaponesa

A abella Maia (みつばちマーヤの冒険 Mitsubachi Maya no boken?, lit. "As aventuras da abella Maia") é unha serie de televisión de anime producida por Zuiyo Enterprise (hoxe: Nippon Animation) no Xapón. A serie consta de 52 episodios e a súa estrea foi na canle xaponesa TV Asahi no 1975. Baseado no libro do escritor alemán Waldemar Bonsels, publicado en 1912, que acadou grande sona durante a Segunda Guerra mundial[1]. A serie de anime volveuse sumamente popular en Europa e foi retransmitida numerosas veces en diversos países e linguas en todo o mundo dende a súa estrea.

A abella Maia
みつばちマーヤの冒険
(Mitsubachi Māya no Bōken)
Anime A abella Maia
Dirixido por Hiroshi Saitō, Mitsuo Kaminashi e Seiji Endō
Estudio Nippon Animation
Canle televisiva TV Asahi
Primeira emisión 1 de abril do 1975
19 de setembro do 2011Galicia
Última emisión 20 de abril do 1976
???Galicia
Núm. de capítulos 52
Anime A abella Maia
Dirixido por Mitsuo Kaminashi
Estudio Wako Productions, Apollo Film Wien
Canle televisiva ZDF, TV Osaka, TV Tokyo
Primeira emisión 1 de setembro do 1979
Última emisión 13 de setembro do 1980
Núm. de capítulos 52

Unha segunda serie d'A abella Maia, 新みつばちマーヤの冒険 Shin Mitsubachi Māya no Bōken (As novas aventuras da abella Maia), foi co-producida no 1979 por Wako Productions e mais Apollo Film Wien. Estreouse primeiro en Alemaña na canle ZDF, en setembro do 1979 ata setembro do 1980. Esta segunda serie doutros 52 episodios, non foi moi popular e non se estreu no Xapón ata outubro do 1982, na canle tv Osaka. Dez episodios desta serie foron engadidos ós 45 episodios da orixinal para a emisión dos EUA, transmitindo en total en Nickelodeon 55 episodios nos EUA.

En Galicia a súa estrea en galego chegou o 19 de setembro do 2011, emitida na tvG2 da man do Xabarín Club.

Sinopse editar

A historia céntrase nas aventuras de Maia, unha pequena abella inqueda, aventureira e preguntona, así como da forma que ten de se desenvolver nunha contorna infestada de todo tipo de insectos e demais bechos. Maia é enviada pola abella raíña a buscar pole para a súa colmea. Nesa tarefa, Maia, canda ó seu inseparable amigo Willi o abáboro, descobre un mundo novo ó seu redor e establece amizade con numerosas criaturas do bosque como o saltón Flip, araña Tecla, a mosca Puck, o escaravello Kurt ou o rato Alexandro.

Dobraxe editar

Personaxe Seiyū
 
Actor de dobraxe
 
Maia Michiko Nomura Ana Santos
Willi Ichirō Nagai Antía Álvarez Jiménez
Flip Ichirō Nagai Xoán Dieguez
Alexandre Daniel Lema
Tecla Terue Nunami
Kurt

Novos episodios editar

Co gaio do cen aniversario a cadea ZDF ten anunciada a estrea de 78 novos episodios rodados en 3D.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar