Actor, actriz

persoa que representa un papel no cinema, televisión, teatro ou radio
(Redirección desde «Actriz»)

Un actor ou unha actriz,[1] é unha persoa que representa un papel nunha obra teatral, cinematográfica, radiofónica ou televisiva. O primeiro actor do que se ten noticias foi o grego Tespo que actuou no Teatro Dionisio no 534 a.C. e que narrou a historia en primeira persoa, ata entón as historias que se narraban contábanse en terceira persoa.

Actores durante unha representación.

No século XX, os actores eran professionais da súa materia e formados en arte dramática. Coa aparición do cinema, o número de actores de sona multiplicouse.

Historia editar

 
Actores interpretando persoas do pasado.

Semella que o primeiro actor que rexistra a historia, no 534 a.C. (probablemente o 23 de novembro, os cambios de calendario ao longo da historia fan que sexa difícil determinalo con exactitude), cando o grego Tespo actuou no Teatro de Dioniso, onde foi o primeiro que reproducía as palabras dos personaxes en primeira persoa. Antes da actuación de Tespo, as historias cantábanse e bailábanse nun estilo narrativo en terceira persoa. O mito teatral mantén que Tespo trouxo un espírito malicioso, e que ten a culpa dos desastres no teatro. Na Grecia clásica, só os homes podían ser actores e tapaban a cara con carautas grotescas. Continuaron deste xeito tamén durante o Imperio Romano.

Na Idade Media, o teatro esmoreceu. Os xograres son considerados actores por algúns expertos, xa que interpretaban as cancións dos trobadores.

O teatro moderno comezou cos autos sacramentais; como mostra deles pódese citar o Misterio de Elx, que aínda hoxe se representa cada ano na devandita cidade.

Durante o Renacemento e o Barroco, o teatro, xunto cos actores, volve medrar. Os actores comezaron a converterse en profesionais. Ademais, cando apareceu a ópera, precisábanse cantantes e actores ao mesmo tempo.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para actriz.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Csapo, Eric, e William J. Slater. 1994. The Context of Ancient Drama. Ann Arbor: The U of Michigan P. ISBN 0-472-08275-2.
  • Elam, Keir. 1980. The Semiotics of Theatre and Drama. New Accents Ser. Londres e Nova York: Methuen. ISBN 0-416-72060-9.
  • Weimann, Robert. 1978. Shakespeare and the Popular Tradition in the Theater: Studies in the Social Dimension of Dramatic Form and Function. Ed. Robert Schwartz. Baltimore e Londres: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-3506-2.