O Misterio de Elx (Misteri d'Elx en catalán) é un drama sacro-lírico relixioso que recrea a Durmición, Asunción e Coroación da Virxe María. Dividida en dous actos ou xornadas, a obra escenifícase cada 14 e 15 de agosto no interior da Basílica de Santa María, na cidade de Elx (Alacant).

Misterio de Elx

Tipoliturgical drama (en) Traducir, festa, monumento e obra literaria Editar o valor en Wikidata
EpónimoElx Editar o valor en Wikidata
Forma artísticaobra de teatro Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Premios
Patrimonio cultural
Lista Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade
Data2008
IdentificadorRL/00018

Obras Mestras do Patrimonio Oral e Intanxible da Humanidade
Data2001

Entorno de protección BIC
Data6 de xaneiro de 1998

Ben de Interese Cultural
Data15 de setembro de 1931
IdentificadorRI-51-0001071
Codi IGPCV03.33.065-015[1] Editar o valor en Wikidata

Festas de interese turístico internacional de España

Inventario General del Patrimonio Cultural Valenciano (pt) Traducir
Identificador03.33.065-015
Wikidata ] C:Commons ]

Investigacións recentes sitúan a orixe da devandita obra arredor da segunda metade do século XV, contradicindo así ás tradicións locais, que a relacionan, por unha parte, coa conquista do Elx musulmán (1265) e, por outra, co achado da imaxe da Virxe, dentro dunha arca de madeira, o 29 de decembro de 1370, na próxima localidade costeira de Santa Pola.

Trátase da única obra no seu xénero que foi representada sen interrupción ata a actualidade, superando mesmo o impedimento que supuxo a prohibición de representar obras teatrais no interior das igrexas por parte do Concilio de Trento. Foi o Papa Urbano VIII quen, en 1632, concedeu ao pobo de Elx, a través dun rescrito pontificio, o permiso para continuar coa devandita representación, contra o intento de prohibición do bispo de Orihuela.

Todos e cada un dos personaxes son representados por varóns, tratando de respectar así a orixe litúrxico-medieval desta, que vetaba expresamente a aparición de mulleres neste tipo de representacións. O texto do Misteri, a excepción dalgúns versos en latín, está escrito en catalán antigo. A música é unha amálgama de estilos de diferentes épocas que inclúen motivos do medievo, do Barroco e do Renacemento.

A festividade recibiu numerosas condecoracións e recoñecementos, entre os que destaca a declaración o 18 de maio de 2001 como Obra Mestra do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade por parte da Unesco.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  1. 1,0 1,1 URL da referencia: http://eduwp.edu.gva.es/patrimonio-cultural/ficha-inmueble.php?id=1683.