Antoine de Saint-Exupéry

escritor e aviador francés

Antoine de Saint-Exupéry, nado en Lión o 29 de xuño de 1900 e finado no mar Mediterráneo o 31 de xullo de 1944, foi un escritor, ilustrador e aviador francés, autor d' O principiño. Nado no seo dunha familia nobre de Lión, estudou na Universidade de Friburgo. Como aviador participou en grandes conflitos bélicos como a guerra civil española (do bando republicano) ou a segunda guerra mundial (do bando aliado).

Modelo:BiografíaAntoine de Saint-Exupéry

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalAntoine Marie Jean-Baptiste Roger de Saint-Exupéry
Biografía
Nacemento(fr) Antoine Jean-Baptiste Marie Roger de Saint-Exupéry Editar o valor en Wikidata
29 de xuño de 1900 Editar o valor en Wikidata
2nd arrondissement of Lyon, Francia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Desaparición31 de xullo de 1944 Editar o valor en Wikidata
Morte31 de xullo de 1944 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
île de Riou, Francia (en) Traducir, preto do lugar Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente ou incidente de aviación Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónVilla St. Jean International School (en) Traducir (1915–1917)
Notre Dame de Mongré High School (en) Traducir (1914–1915)
Lycée Saint-Louis (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFiction (en) Traducir, Escrita creativa e profesional e Aviación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónaviador, xornalista, ilustrador, filósofo, escritor, novelista, escritor de literatura infantil, poeta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1926 Editar o valor en Wikidata - 1944 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorParis-Soir (pt) Traducir (1934–1939)
Aéropostale (pt) Traducir (1926–1936) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela, conto e ensaio
Carreira militar
Rama militarForza Aérea de Francia Editar o valor en Wikidata
Rango militarcomandante Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaSaint-Exupéry family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeConsuelo de Saint Exupéry (1931 - até a morte del) Editar o valor en Wikidata
PaisJean Marc de Saint-Exupéry Editar o valor en Wikidata  e Marie de Saint-Exupéry Editar o valor en Wikidata
IrmánsMarie-Madeleine de Saint Exupéry
Simone de Saint-Exupéry Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (vol:23 : Сафлор — Соан, sec:Сент-Экзюпери Антуан де, p.268-269)
Obálky knih,
Iedereen Leest (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio webantoinedesaintexupery.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0756686 IBDB: 11157
BNE: XX990065 Bitraga: 223 Musicbrainz: 6b9700da-9eb3-4c1c-881c-01226ed5fc5f Discogs: 436200 IMSLP: Category:Saint-Exupéry,_Antoine_de WikiTree: Saint-Exupéry-1 Find a Grave: 22383 Editar o valor en Wikidata


Antoine de Saint-Exupéry no Canadá, 1942.

Traxectoria

editar

Antoine Marie Jean-Baptiste Roger de Saint-Exupéry foi un dos pioneiros dos voos postais internacionais, un aviador nos días nos que a aviación posuía poucos instrumentos, e voar era unha tarefa extremadamente difícil e perigosa.

Comezou traballando en Aéropostale entre Tolosa, Francia, e Dakar, Senegal, mentres escribía o seu primeiro libro, L'Aviateur (O Aviador). En 1928 publicou Courrier-Sud e voou a ruta que vai de Casablanca a Dakar. En 1931, Voo de noite (Vol de nuit), que recibiu o Prix Femina, foi publicado. Continuou escribindo e voando (en África e Suramérica) ata o comezo da guerra. Piloto de Latecoere, "A Liña", como lle chamaban familiarmente, precursora de Air France, estivo anos baixo as ordes de Didier Daurat, admirado xefe ao cal lle adicou unha das súas obras. Terra de homes, Piloto de guerra e Ciudadela foron outras obras famosas súas, e o feito de que a última quedase inconclusa, non lle resta valor como verdadeira obra mestra.

Durante a segunda guerra mundial escapou á cidade de Nova York, pero volvería pouco máis tarde para voar xunto ás forzas aliadas nun escuadrón instalado na área do mar Mediterráneo. Á idade de 43 anos atopábase disposto a abandonar a aviación, pero a súa aeronave de recoñecemento, un Lockheed Lightning P-38 (coñecido tamén como F-5), estrelouse no Mediterráneo no que foi a súa última misión. En 1998, un brazalete de prata foi atopado por un pescador ao leste da illa de Riou, preto do lugar da desaparición na costa de Marsella e identificado como pertencente a Saint-Exupéry: estaba gravado cos nomes da súa esposa e os seus editores, Reynal & Hitchcock, e estaba enganchado a unha peza de tea do seu traxe de piloto. En abril de 2004 o Departamento de Investigacións Arqueolóxicas Submarinas francés confirmou que os restos do avión extraídos en outubro de 2003 da zona onde se atopou o brazalete pertencían ao avión de Saint-Exupéry. A esta conclusión chegouse logo de comprobar que o número de matrícula dos restos corresponden co do escritor segundo os arquivos da USAF. En todo caso as circunstancias concretas do accidente seguen sen coñecerse.

Aínda que non sempre autobiográfico, o traballo de Saint-Exupéry foi inspirado en gran medida pola súa experiencia como piloto nos seus voos postais. Unha excepción é O principiño (Le Petit Prince), o seu libro máis famoso, un relato poético ilustrado no cal el imaxínase varado no medio do deserto, onde coñece o principiño, un neno proveniente dun pequeno asteroide. De moitas formas, O principiño é unha historia filosófica, con énfase na crítica social e o mundo adulto. A un asteroide (#2578) foille outorgado o nome de Saint-Exupéry en 1975 en honor ao seu recoñecemento mundial.

En 1931, Saint-Exupéry casou con Consuelo Suncin Sandoval de Gómez (falecida en 1979), unha escritora e artista salvadoreña enviuvada dúas veces, que foi modelo para a "rosa temperamental" no Principiño.

Desaparición

editar

O 31 de xullo de 1944, durante unha misión de recoñecemento destinada a preparar o desembarco na Provenza, no sur de Francia, Saint-Exupéry a bordo do avión Lightning P38, partira poucas horas antes de Borgo, na illa de Córsega, cando os radares deixaron de ver o avión que pilotaba e nunca máis se soubo del, cubrindo para sempre ao escritor e piloto dun halo de misterio e romanticismo.

Nunca se tivo indicios do aviador nin da súa nave ata 1998, cando un pescador atopou unha pulseira a beiras do mar. A alfaia que a auga achegara á costa de Marsella tiña gravado o nome do escritor, pero a súa autenticidade quedou en dúbida.

 
Obra conmemorativa no aeroporto de Bastia

O descubrimento da alfaia axudou ás autoridades francesas a iniciar unha procura no sector. Cinco anos despois, no case 60 cabodano da súa desaparición, foron descubertos en augas de Marsella restos do avión, preto do lugar onde anos atrás fora descuberto a pulseira.

As pezas recuperadas foron decapadas, limpadas. Sobre un panel da caixa do turbo-compresor, localizada na viga esquerda do avión, os investigadores descubriron, segundo o seu informe, "unha serie de catro cifras illadas e gravadas manualmente": 2734, seguidas pola letra "L", que significa "left". Trátase, segundo o informe, "do número de fabricación que o construtor de avións Lockheed inscribía nos seus avións ao lanzar a súa fabricación nunha cadea de montaxe". Este número civil correspondía, na táboa de concordancia da Forza Aérea dos Estados Unidos, á matrícula militar 42-68223, ou sexa a do avión de Saint-Exupéry.

Pese ao achado, as razóns polas que o avión de Saint-Exupéry se estrelou son un misterio. Ata o momento non foi posible asegurar se o derribaron ou el perdeu o control do avión, ou mesmo se sufriu un contratempo mecánico. Entre as causas máis posibles menciónanse fallas mecánicas, problemas de osíxeno a bordo ou un ataque cardíaco do escritor.

No 60º cabodano da morte de Saint-Exupéry, realizáronse dúas cerimonias conmemorativas en Marsella e no aeroporto de Bastia en Córsega, próximo ao lugar onde ocorreu a morte e a última engalaxe do aviador respectivamente; colocáronse flores e celebrouse unha misa á que asistiu un familiar do aviador.

En 2008 o expiloto alemán Horst Rippert recoñeceu que foi el quen abateu o avión de Exupéry[1].

Escritos de circunstancias

editar
  • «La Paix ou la guerre» (1938 no xornal Paris-Soir)
  • «Moscou» (1935 no Paris-Soir)
  • «Espagne ensanglantée» (sobre o 1936 no xornal L'Intransigeant)
  • «Madrid» (xullo de 1937 no Paris-Soir).
  1. "Eu derrubei a Saint-Exupéry". 15 de marzo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar