Lino Braxe

actor, director de teatro e escritor galego

Lino Braxe Mandiá, nado en Mugardos o 18 de xuño de 1962 e finado na Coruña o 25 de decembro de 2020[1], foi un actor, director de teatro e escritor galego.

Infotaula de personaLino Braxe

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1962 Editar o valor em Wikidata
Mugardos, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de decembro de 2020 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector teatral Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRadio Nacional de España Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía, narrativa e teatro
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

BNE: XX847688 AELG: 192 Dialnet: 2900536

Traxectoria

editar

Comezou no teatro profesional en 1985, coa Compañía Luís Seoane. Actuou en producións da Escola Dramática Galega, Centro Dramático Galego, Malbarate e outras, tamén actor de dobraxe e radio. Foi un dos fundadores da revista Luzes de Galiza. Dirixiu, ata o seu pasamento, o grupo de teatro da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

Tamén foi locutor de Radio Nacional de España durante dez anos. Nese período de tempo adaptou para a radio a obra dramática completa de Álvaro Cunqueiro e Eduardo Blanco Amor.

Poesía

editar

Narrativa

editar
  • A memória perdida, 1990, Vía Láctea.
  • A cor do ceo, 1999, Xerais.

Teatro

editar
  • A actriz, 1991, Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • A promesa, 1993, Ediciós do Castro.

Literatura infanto-xuvenil

editar
  • O conde vampiro, 1995, Sotelo Blanco.
  • O botín da miseria, 2011, Everest Galicia.
  • Sidi, unha viaxe cara a vida (2022). A Coruña: Hércules de Ediciones. 32 páxs. ISBN 9788418966309. Ilustracións de María Braxe.

Edicións

editar
  • Marisa Soto: a voz máis humana, 1999, Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.
  • Obra dramática completa, de Jenaro Marinhas del Valle, 2006, Espiral Maior.
  • Mascarón azul: historias do mar, 2007, Autoridade Portuaria da Coruña.
  • Amarga memoria, de Jenaro Marinhas del Valle, 2008, Espiral Maior.

Obras colectivas

editar
  • De amor e desamor. I. II, 1984 e 1985, Ediciós do Castro.
  • Igor de Albatros en Selene, 1985, Cen Augas.
  • Galicia Emigrante (1954-1971). Escolma de textos da audición radial de Luis Seoane, 1989, Ediciós do Castro. Con Xavier Seoane.
  • 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990.
  • Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Ediciós do Castro.
  • Figuraciós, de Luís Seoane, 1990, Deputación da Coruña. Escolma, edición e estudo con Xavier Seoane.
  • O mar de adentro, 1990, Edicións do Dragón.
  • XI Festival da Poesia no Condado, 1991, S. C. D. Condado.
  • Homenaxe a Miguel González Garcés, 1991, Deputación da Coruña.
  • A máxia da palabra: Cunqueiro na rádio, 1991, Sotelo Blanco. Con Xavier Seoane.
  • Premios Pedrón de Ouro. Premios do "Certame Nacional Galego de narracións breves Modesto R. Figueirido" da Fundación do Pedrón de Ouro. Certames XVI (1990) e XVII (1991), 1992, Ediciós do Castro.
  • O camiño das estrelas, 1993, Elsinor Teatro.
  • O cine e a fotografía. Luís Seoane, 1994, CGAI. Con Xavier Seoane
  • Luís Seoane e o teatro, 1996, Ediciós do Castro. Con Xavier Seoane.
  • Luís Seoane: textos sobre arte, 1996, Consello da Cultura Galega. Con Xavier Seoane.
  • Alguén agarda que volva alí, 1998.
  • María Triángulo, 2001, Sotelo Blanco. Con Ana Pontón.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
  • Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • O desafío das ondas, 2006, Autoridade Portuaria da Coruña.
  • Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
  • Luces no Atlántico: unha homenaxe á Torre de Hércules, 2008, Autoridade Portuaria da Coruña. Con Rómulo Sanjurjo.
  • De amor e desamor, 2009, Deputación da Coruña.
  • En defensa do poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Editorial Toxosoutos.
  • Lois Pereiro: fotobiografía sonora, 2010, Ouvirmos.
  • Lois Pereiro en 17 voces, 2011, La Voz de Galicia.
  • Pegadas, 2011, A porta verde do sétimo andar.
  • Ulises, 2011, Everest Galciia. Literatura infanto-xuvenil, en colaboración con Ana Pontón.
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico.
  • Banqueiros, 2012, Laiovento.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015).[2]
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.

Televisión

editar

Premios

editar
  • Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo en 1991, por Anatomías.
  • Gañador do Concurso de Teatro Breve do Facho en 1991, por A actriz.
  • Accésit do Premio Esquío de poesía en 1996, por Árdora.
  • Accésit do Premio Miguel González Garcés en 2002, por O longo día acaba.
  • Finalista XIII edición do Premio Miguel González Garcés en 2006, por Alaridos.
  • Accésit no Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas do 2007, por Baixo o sol de Mesina.
  • Mención de honra do Premio Estornela de Teatro para nenos no 2012, por O corazón do bosque.
  • Foi nomeado Premio de Honra Marisa Soto a título póstumo en 2022.[3]
  1. Redacción (25 de decembro de 2020). "Falece aos 58 anos o actor e escritor Lino Braxe". Nós. Consultado o 25 de decembro de 2020. 
  2. libro electrónico
  3. "Lino Braxe, nomeado Premio de Honra Marisa Soto a título póstumo". Nós Diario. 2022-05-23. Consultado o 2022-05-24. 

Véxase tamén

editar