IB3 Televisió
IB3 Televisió ou Televisió de les Illes Balears é o servizo público de televisión[1] das Illas Baleares pertencente ao grupo Ens Públic de Radiotelevisió de les Illes Balears (EPRTVIB). Esta denominación tamén pode referirse á canle de televisión principal deste grupo de comunicación.
IB3 Televisió | |
---|---|
Logo de IB3 Televisió. | |
Inicio das emisións | 5 de setembro de 2005 |
Propiedade de | Ens Públic de Radiotelevisió de les Illes Balears |
Formato da imaxe | 1080i HDTV |
País | España |
Área de emisión | Illas Baleares |
Na rede
| |
Páxina web de IB3 Televisió |
Historia e características
editarAínda que o EPRTVIB se creou mediante a lei 7/85 do 22 de maio de 1985, non se constituíu como tal ata moito máis tarde, foi o 26 de marzo de 2004[2], e a televisión autonómica das Illas Baleares non comezou a emitir, en fase de probas, deica a Diada das Illas Baleares, o 1 de marzo de 2005, e os seus informativos non arrincaron ata maio de 2005. Comezou as súas emisións regulares o 5 de setembro de 2005.
IB3 é membro da Federación de Organismos de Radio y Televisión Autonómicos (FORTA). Os seus estudos centrais encóntranse no Polígono de Son Bugadelles, en Calvià, un municipio da illa de Mallorca, preto da capital Palma. Tamén dispón de delegacións nas illas de Menorca, Eivisa e Formentera, así como en Madrid. Emite a súa programación propia e os programas infantís en catalán e os filmes, series e documentais de produción allea en castelán, non obstante entre outubro de 2007 e novembro de 2011 emitiu toda a súa programación en catalán, mercando a produción allea xa dobrada en Cataluña ou realizando a dobraxe nas illas.
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2011. Consultado o 02 de setembro de 2010.
- ↑ "Ens Públic de Radiotelevisió de les Illes Balears (EPRTVIB). Corporatiu". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2011. Consultado o 02 de setembro de 2010.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Web oficial (en catalán)