Retornos
Retornos é unha longametraxe dirixida por Luis Avilés Baquero que foi estreada no 2010.
Retornos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Retornos |
Director | Luis Avilés Baquero |
Produtor | Vaca Films / Zed Filmes |
Guión | Luis Avilés Baquero Alejandro Hernández David Pérez Iglesias |
Intérpretes | Xavier Estévez Manuela Vellés María Bouzas Xosé Manuel Olveira "Pico" Emilio Gutiérrez Caba Solange Freitas Antonio Durán "Morris" Luis Zahera Xosé Barato Gonzalo Uriarte |
Música | Sergio Moure |
Fotografía | Ricky Morgade |
Montaxe | J. R. Lorenzo |
Estrea | 2010 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama, Thriller |
ArgumentoEditar
Álvaro (Xavier Estévez), tras fuxir de si mesmo durante dez anos, regresa á súa vila, unha pequena aldea de Galicia, para asistir ó enterro do seu pai. Alí tentará reconciliarse co seu irmán Xosé (Xosé Manuel Olveira "Pico") e recuperar o amor da súa filla Mar (Manuela Vellés). Todo se complica cando Álvaro atopa a unha muller morta na estrada. É Lidia (Yoima Valdés), unha prostituta moi amiga de Mar. Álvaro, que teme pola seguridade da súa filla, comeza a investigar, destapando os trapos sucios dun pobo no que nada é o que parece e onde todos teñen algo que agochar.
GravaciónEditar
Os exteriores da película foron rodados na Coruña, Vigo, Valencia, Coristanco, Noia, Arteixo, A Laracha, Montouto (Abegondo) e Caión.
PersonaxesEditar
- Xavier Estévez como Álvaro
- Manuela Vellés como Mar
- María Bouzas como Elisa
- Xosé Manuel Olveira "Pico" como Xosé
- Emilio Gutiérrez Caba como Néstor
- Solange Freitas como Jimena
- Antonio Durán "Morris" como Cabo
- Yoíma Valdés como Lidia
- María Tasende como Carmen
- Jorge Ricoy como Antonio
- Sabrina Praga como Tania
- Luis Zahera como Tino
- Federico Pérez como Miguel
- Xosé Barato como Pedro
- Gonzalo Uriarte como Emilio
- Mina Andala como Susi
- Roi Pérez como Rapaz do taller de coches
- Esperanza Arnau como Mar con dez anos
- Paco Alvarellos como Pai de Pedro
- Silvia Martí como Camareira
Galardóns e nomeamentosEditar
Premios Mestre MateoEditar
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
9ª edición | Mellor filme | Luís Avilés Baquero | Nomeado |
Mellor director | Luís Avilés Baquero | Nomeado | |
Mellor actor | Xavier Estévez | Nomeado | |
Mellor actriz | Manuela Vellés | Nomeada | |
Mellor actor secundario | Xosé Manuel Olveira "Pico" | Gañador | |
Mellor actriz secundaria | María Bouzas | Gañadora | |
Mellor guión | Alejandro Hernández | Nomeado | |
Mellor dirección de produción | Borja Pena | Nomeado | |
Mellor dirección artística | Alexandra Fernández | Gañadora | |
Mellor montaxe | J.R. Lorenzo | Nomeado | |
Mellor son | Branko Neskov, Rubén Piputto e Tiago Silva | Nomeados | |
Mellor fotografía | Ricky R. Morgade | Nomeado | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Raquel Fidalgo e Noé Montes | Nomeados | |
Mellor deseño de vestiario | Ana López | Nomeada |
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Web Oficial (en castelán)
- Ficha na IMDb (en inglés)