Caión, A Laracha
Coordenadas: 43°19′10.32″N 8°36′20.90″O / 43.3195333, -8.6058056
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Santa María do Socorro de Caión[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 821 habitantes (412 mulleres e 409 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 981 habitantes.
Caión | |
---|---|
![]() A vila mariñeira de Caión | |
Concello | A Laracha[1] |
Provincia | A Coruña |
Área | 4,75 km² |
Poboación | 821 hab. (2018) |
Densidade | 172,84 hab./km² |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
A parroquia de Caión limita con Arteixo polo leste e con Carballo polo oeste. Está, xa que logo, illada do resto do concello da Laracha mais non chega a constituír un exclave, por mor dun estreito corredor de 900 metros de longo que a conecta coa parroquia de Lendo e polo que pasaba un camiño real que chegaba ata Paiosaco.
PatrimonioEditar
Caión contaba cun porto baleeiro, que aparece mencionado na Descripción del Reyno de Galicia do Licenciado Molina (século XVI).
Arquitectonicamente destacan a recentemente rehabilitada Casa dos Condes de Graxal[2] e, na mesma praza principal, a igrexa parroquial de Nosa Señora do Socorro. Anexo ao templo está o antigo convento da Orde de Santo Agostiño, fundado en 1548 por Fernando Bermúdez de Castro e que dende o século XVIII funcionou como casa reitoral. Hoxe en día acolle un local para a terceira idade e unha oficina de información e turismo[3].
Fóra da vila, no lugar do Outeiro onde xacando estivo unha primitiva capela románica, queda o santuario dos Milagres, construído durante o primeiro terzo do século XIX e que funcionou como igrexa parroquial ata 1955[4].
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de CaiónEditar
Lugares da parroquia de Caión no concello da Laracha (A Coruña) | |
---|---|
Alvite | Caión | O Campo da Costa | Cima de Vila | Goxán | O Outeiro | O Pazo | A Pedreira | Xermaña |
Parroquias da LarachaEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "Pazo dos Condes de Graxal | Ezcurra e Ouzande arquitectura". ezcurraouzande.com. 2011-09-01. Consultado o 2020-09-26.
- ↑ "Turismo de Galicia. Reitoral de Caión".
- ↑ IP, Proyectos. "CAION (La Coruña)". Pueblos de España (en castelán). Consultado o 2020-09-26.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- De Caión a Razo. Andando por Bergantiños. Instituto de Estudos Bergantiñáns. 2007.