Alexandra Fernández Carnero
Alexandra Fernández Carnero, nada en Caracas en 1965[1], é unha directora artística galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 ![]() Caracas, Venezuela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | directora artística, director de fotografía ![]() |
Familia | |
Pai | Emilio Fernández Celeiro ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFilla do pintor Emilio Fernández Celeiro. Deseñadora gráfica, arquitecta pola Facultade de Arquitectura e Urbanismo de Caracas (1991), participou no obradoiro de Deseño de Escenografía no Anatoli Goldberg - Instituto de Teatro de Caracas. Ten un mestrado en Estudos Teatrais e Cinematográficos pola Universidade da Coruña (2003).
Iniciou a súa carreira en Venezuela, con obras como Amber Room, Vulcanteufel e Brenda. Chegou a Galicia en 2001 e comezou a traballar no audiovisual (longametraxes cinematográficas, telefilmes e series para a TV) e desenvolveu traballo publicitario. Desde finais dos anos noventa foi axudante e responsable da dirección artística de varias películas.
Recoñecementos
editar- Premio Mestre Mateo 2011 á dirección artística por Doentes.
Notas
editar- ↑ "Alexandra Fernández". Pintores Gallegos.