Galicia Exprés

serie xuvenil de ficción que emitiu a TVG
(Redirección desde «Galicia Express»)

Galicia Exprés é unha serie xuvenil de ficción que emitiu a TVG en 2001, producida por Filmanova e CTV, e dirixida por Beatriz del Monte e Antón Reixa. Ambientada nunha empresa de mensaxería, que monta un estudante de dereito tras fracasar nos seus estudos, trata dos problemas dos mozos que alí traballaban e a contorna que os rodea.

Galicia Exprés
Tiposerie de televisión Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticodrama televisivo Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua galega Editar o valor en Wikidata
Autoría
Publicación
País orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalTelevisión de Galicia Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo2001 Editar o valor en Wikidata
Remate2001 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración30 minutos Editar o valor en Wikidata
Episodios80 Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesIMDB: tt0267180 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Sinopse

editar

Manuel, un estudante de 25 anos, fracasado como estudante de dereito, decide poñer en marcha unha mensaxería, "Galicia Exprés". Deste xeito convértese en empresario e pode dar emprego a outros mozos: un apaixonado da informática, unha motorista que lidera unha banda de rock e incluso a un desempregado de máis de 45 anos. Para levar a cabo esta iniciativa, Manuel vai ter o apoio da súa moza, Elisa, unha estudante brillante de boa familia, e a axuda económica de Sandra, irmá máis vella de Elisa. As relacións laborais, académicas e sentimentais destes personaxes vanse complicando e enleando coas relacións cos clientes habituais e veciños da mensaxería.

Os exteriores da serie están visiblemente rodados en Santiago de Compostela.

Na serie "Pequeno Hotel" era habitual contar con rostros coñecidos, incluíndo actores interpretando os seus doutras series da TVG. De "Galicia exprés" interveu Xulio Abonjo.

Elenco de actores

editar

Outros intérpretes

editar