Manuela Varela
Manuela Varela Quintas[1], nada en Donostia (Guipúscoa) o 25 de setembro de 1978 é unha actriz galega.
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de setembro de 1978 (46 anos) Donostia, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Sitio web | manuelavarela.com |
Traxectoria
editarEste artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Filla de galegos emigrados no País Vasco, mudouse a Galicia ós 9 anos. Dende a súa infancia quixo ser actriz, o que a levou a buscar unha academia de interpretación iniciando así a súa formación ós 11 anos en Danthea.
Iniciou a súa carreira no ano 1997 coa compañía de monicreques Falcatrúa. Dende entón traballou con destacadas compañías teatrais galegas coma Teatro do Atlántico, Teatro do Noroeste, A internacional Teatro, Títeres Cachirulo, Centro Dramático Galego, La Tuerka 27, Galileo Teatro e Espello Cóncavo, interpretando personaxes principais.
Como actriz no sector audiovisual deu o salto no ano 1999 baixo a dirección de Ángel Peláez no documental dramatizado Santiago, ciudad de piedra. No ano 2000 foi seleccionada por Antón Reixa para interpretar a Elisa, un dos personaxes principais en Galicia Exprés, unha serie xuvenil de 80 capítulos. Ese mesmo ano traballa na longametraxe Condenado a vivir producido pola FORTA interpretando a Remedios, sobriña do tetrapléxico Ramón Sampedro. Despois de participar en varias producións para a televisión como Mareas Vivas, Gondar ou O show dos Tonechos. Entre 2007 e 2013 participou na serie Libro de familia co papel de Pili, amiga e máis tarde inimiga da protagonista María Cabanas, interpretada por Lucía Regueiro. No ano 2014 traballou baixo as ordes de Antonio Cuadri en Hotel Almirante, película para televisión cun grande éxito de audiencia.
Representou a obra de teatro Palabras malditas de Eduardo Alonso xunto a Luma Gómez e Miguel Insua, a adaptación teatral da novela de Manuel Rivas Bala Perdida con Lino Braxe, e Estado de Graza tamén baixo a dirección de Eduardo Alonso e a actriz Luma Gómez e Imma António.
Formada coma Técnico Superior de Realización de Proxectos Audiovisuais e Espectáculos pola Escola de Imaxe e Son da Coruña, tamén exerceu como axudante de dirección en varias producións teatrais.
Traballos coma actriz
editarTelevisión
editar- Santiago, Ciudad de piedra (1999), de Ángel Peláez, TVE.
- Galicia Exprés (2000), Antón Reixa, TVG. Como Elisa.
- Condenado a vivir (2000), Roberto Bodegas, FORTA. Como Remedios.
- Gondar (2005), TVG.
- O show dos Tonechos (2006), TVG.
- Libro de familia (2007-2008), Mariana Carballal. Como Pili.
- Libro de familia (2011-2012), Giselle Llanio. Como Pili.
- Hotel Almirante (2014), Antonio Cuadri. Como Andrea Palacios.
Curtas
editar- Tenías que ser tú (2004), de Daniel Lucas Aguilera. Como protagonista.
- Lobos[2] (2004), de Daniel de la Torre. Como Leni.
- Panta Rei (Todo fluye) (2005), de Simón Casal de Miguel.
- Ganado (2010), de Juanma Bajo Ulloa. Como Flora López.
- Koan (2012), de Omar Rabuñal.
- Dor (2013), de Lino Braxe. Como Luisandra.
- Volant[3] (2015), de Raquel Pérez. Como protagonista.
- Ollar o monte verde (2019), de Adrián González. Como principal.
Teatro
editarAdulto
editar- El auto del prisionero (2000), de Antonio Simón. Manivela Producciones.
- Vanzetti[4] (2003), de Xulio Lago. Teatro do Atlántico.
- Perón-Perón (2007), de Jorge Rey. A internacional teatro
- Romeo y Julieta (2008), de Eduardo Alonso. Teatro do Noroeste.
- Frida[5] (2009), de Jorge Rey. A internacional teatro
- E.R. Algún día trabajaremos juntas[6] (2011), de Xulio Lago. Teatro do Atlántico.
- O xardín das pernas roubadas (2013), de Juan Carlos Mejuto. La tuerka 27.
- Romano[7] (2014), de Lino Braxe. Espello cóncavo.
- Cirano (2014), de Pedro Rubín. Galileo teatro.
- Occidente (2015), de Lino Braxe. Espello cóncavo.
- Mujeres con historia (2015), de Lino Braxe. Espello cóncavo.
- Cartas a un amigo alemán (2015), de Lino Braxe. Espello cóncavo.
- Bala Perdida (2016), de Lino Braxe. Espello cóncavo e Títeres Cachirulo.
- Palabras malditas (2016), de Eduardo Alonso. Teatro do Noroeste.
- Estado de Graza (2017). de Eduardo Alonso. Teatro do Noroeste.
- Animais de compañía (2017). de Eduardo Alonso. Teatro do Noroeste.
- Da avaricia, a luxuria e a morte (2018). de Eduardo Alonso. Teatro do Noroeste.
- As virxes salvaxes (2020), de Eduardo Alonso. Teatro do Noroeste.
Infantil
editar- Infantiladas (2005), de Antonio Simón. Orquestra Sinfónica de Galicia.
- El sastrecillo valiente (2006), de Antonio Simón. Orquestra Sinfónica de Galicia.
- La alegre partitura (2006), de Antonio Simón. Orquestra Sinfónica de Galicia.
- Viva el teatro (2006), de Olga Margallo. Fundación María José Jove.
- Las tierras de Sherezade (2007), de Antonio Simón. Orquestra Sinfónica de Galicia.
- El lenguaje de la música (2007), de Antonio Simón. Orquestra Sinfónica de Galicia.
Monicreques
editar- Varias obras (1997), de Esteban Losada. Titeres Falcatrua.
- Cucho, Coco y el dilema del seis (2007), de Jorge Rey. A internacional teatro,
- El calcetín amarillo (2007), de Jorge Rey. Títeres Cachirulo.
- Valdemuller (2008). de Pablo Vergne. Centro Dramático Galego.
- Canción de navidad (2008), de Jorge Rey. A internacional teatro.
- Barriga verde contra el demonio negro (2009), de Jorge Rey. A internacional teatro.
Traballos coma axudante de dirección de teatro
editar- Hamlet (2005), de Lino Braxe. RTA.
- La función del tequila (2012), de Antonio Simón. Teatro do morcego.
Premios
editar- 2009: Premio á Mellor actriz protagonista no V Festival iberoamericano de teatro Mar del Plata.
Notas
editar- ↑ "Enriba do escenario estás a vivir a realidade doutro ser" La Voz de Galicia, 8/3/2017.
- ↑ "Ficha da curta "Lobos"". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2017. Consultado o 03 de marzo de 2017.
- ↑ * Ficha de "Volant" no Festival Cortopatia 2016 Madrid Arquivado 21 de setembro de 2017 en Wayback Machine.
- ↑ "Ficha da obra "Vanzetti"". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2017. Consultado o 03 de marzo de 2017.
- ↑ "A rebeldía define a personalidade de Frida" La Voz de Galicia, 23/9/2008,
- ↑ "Cuatro actrices del panorama gallego dan vida a "E. R. Algún día traballaremos xuntas"" Faro de Vigo, 10/11/2012.
- ↑ "Lino Braxe regresa á actividade teatral con Espello Cóncavo e a obra “Romano”" Arquivado 23 de setembro de 2017 en Wayback Machine. Diario de Ferrol, 23/1/2014.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "O Teatro Principal acolle a primeira montaxe dun texto de Carbalho Calero", La Voz de Galicia, 4 de setembro de 2000
- "Jorge Rey o la excelencia artística" Arquivado 04 de marzo de 2017 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 1 de outubro de 2008.
- "Espello Cóncavo comeza unha nova etapa con “Occidente”", El Ideal Gallego, 22 de novembro de 2013.
- "Os escenarios de Manuela Varela", La Opinión de A Coruña, 13 de febreiro de 2017.
Ligazóns externas
editar- Vídeo no YouTube
- Video no Vimeo
- Manuela Varela na Asociación de Actores e Actrices de Galicia